Curso 16- 17

Curtocircuito

O martes, día 4 de outubro,  o alumnado acudiu á  proxección de seis  curtometraxes de diferentes nacionalidades no teatro Principal ,  destinados ao público infantil, no festival internacional de cine “Curtocircuito”.

Disfrutaron da boa calidade das animacións e reflexionaron cos valores que cada un deles trasmitía.

 

 

EDUCACIÓN VIARIA

O luns, 3 de outubro o alumnado de cuarto asistiu á sesión didáctica impartida no centro por membros da policía local, na que se intenta desenvolver no alumnado o sentido da responsabilidade respecto á súa participación no tráfico cómo peóns e usuarios de vehículos e conciencialos sobre a peligrosidade que supón a infracción das normas. A continuación fixemos un circuito práctico polas cercanías do colexio para poner en práctica o aprendido .Foi moi ameno e proveitoso para todos!

Unha enxeñeira ou científica en cada cole

 O alumnado de 5º e 6º de primaria, participou no proxecto " Unha enxeñeira ou científica en cada cole", participando en distintos obradoiros impartidos por científicas, enxeñeiras, investigadoras que acercaron o seu traballo ao noso alumnado.

"Falando cos superordenadores" obradoiro no que participou 6ºB. Relatoras: Natalia Costas, Carmen Cotelo e Mª José  R. Malmierca.

"Xogando coa luz", obradoiro no que participou 6ºA. Relatoras:Mª del Carmen Bao Varela e Mª Teresa Flores Arias.

"Informática visual aplicada á bioloxía"obradoiro no que participou 5º A. Relatoras: Eva Cernadas García.

"Buscando estrelas"obradoiro no que participou 5ºB. Relatora: Josefina F. Ling

 

Distribuir contido