E-dixgal

PLAN DIXITAL DO CENTRO

Xornada de robótica do alumnado de 6º cos nenos e nenas de 1º

O alumnado de 6º de EP amosou aos máis noveles do centro, os nenos e nenas de 1º , os seus avances no mundo da robótica así como o funcionamento  das montaxes  de circuítos eléctricos creados por eles mesmos.

De forma lúdica e activa os nenos e nenas de 1º poideron desfrutar parte da xornada escolar das aprendizaxes e dos resultados da labor desenvolvida polo alumnado de 6º no marco do programa de innovación educativa “ Introdución á robótica educativa en primaria”  promovido pola Xunta.

Coñecer  os programas informáticos de mbot, o manexo dos robots conectados os ordenadores,  espertou grande interés no alumnado de tan curta idade grazas  á disponibilidade e bo facer dos nenos e nenas de 6º  .

Noraboa a tódolos eles!

Pequena mostra do acontecido  nestas imaxes.

 

Edixgal

 

O proxecto E-DIXGAL arrancou no curso 2014/2015, incorporando no noso centro aos alumnos de 5º e 6º  de primaria. Profesorado e alumnado desenvolvemos a actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe (EVA) que permitir acceder a contidos dixitais dous provedores: a editorial EDEBÉ e a empresa de contidos dixitais Netex.

A través do proxecto de incorporación do libro dixital pretendemos aproveitar todas as vantaxes que proporcionan as novas tecnoloxías.

Non podemos manternos á marxe das tecnoloxías, vivimos nunha sociedade en continuo cambio e, este cambio, débese en gran parte a estas; como docentes, é evidente que a escola non pode nin debe facer caso omiso a estes cambios

 

Todos nós, formamos parte desta sociedade informatizada, todos nós, somos escola e, en consecuencia, a escola forma parte desta informatización.

 

                                                                                             

 

Distribuir contido