Curso 18_19

Charla sobre representación da Terra

O pasado 11 de xaneiro o alumnado de 5º de E.P. de primaria, tivemos a sorte de contar con Alberto Varela, pai dun alumno e profesor de Enxeñeiría cartográfica na Universidade da Coruña.

A representación gráfica da terra, a importancia dos mapas, as distintas teorías sobre a forma da terra, os primeiros descubridores.... centraron as explicacións que nos axudaron a comprender mellor o tema que estamos a traballar na aula.

A charla contou cunha parte práctica na que nunha laranxa debuxamos os paralelos e meridianos, así resultounos máis fácil e divertido entendelos, e desde aquí queremos agradecerlle de novo a súa visita.

Actividades do alumnado de 2º en novembro

 

 O alumnado de 2º de EP realizou o pasado mércores, día 15, unha saída ao MUPEGA dentro do marco de actividades enfocadas ao coñecemento da evolución das escolas e as súa función na sociedade.

 

  O alumnado desfrutou coa visualización do vídeo  das escolas da posguerra, dos xogos no tempo de lecer…

   Participaron  activamente  na interpretación do cadro de A  escola da Doloriñas así como na resolución  do crebacabezas  do referido cadro e, finalmente,  manexaron os obxectos máis representativos que nel aparecen,

   Sentarse nos antigos pupitres no que a plumilla e o pizarrín eran os instrumentos de traballo para a escritura así como  os coñecer os xoguetes tradicionais, daquela época, supuxo toda unha experiencia para os 74 alumnos e     alumnas de 2º.

  Cabe destacar que o CEIP López Ferreiro donou no seu momento diversos obxectos tales como mapas cartográficos entre outros, para desfrute dos visitantes.

 

  

 

Visita a CLESA

O alumnado de 2º acudiu á fábrica de Clesa en Caldas de Reis para coñecer de primeira man a elaboración  dos iogures a partires do leite.

A visita constou de dúas partes, unha lúdia e dirixida ao coñecemento de datos relativos á produción, da obtencíon do leite, da función desta empresa… e,outra ,na que poideron observar o funcionamento en cadea da maquinaria coa supervisión dos técnicos

A organización desta saída tivo como fin o de  profundizar nos seus coñecemntos relativos aos tres sectores do traballo.

O alumnado degustou un dos iogures estrela deste empresa: o iogur de bombón. Tamén recibiu o agasallo  dun conto e dun pack de iougures de sabores agradecéndolles o detalle.

 

 

 

A USC ACHÉGASE Á ESCOLA

Da man da profesora titular M.ª Carmen Segura, a USC achegouse á nosa escola.

Co abxectivo de amosar de xeito lúdico e ameno a función dos glóbulos brancos, vermellos e das plaquetas. 

A actividade foi moi ben acollida polos nenos e as nenas de 2º xa que comprenderon e valoraron a importancia do sistema inmunolóxico no noso corpo.

Acompañada dunha montaxe e da visualización dun vídeo , a participación activa do alumnado resultou realmente formativa.

O noso agradecemento a Mª Carmen Segura á que agardamos ata outra ocasión!

 

 

 

20 de novembro, Día mundial da Infancia

 

Os nenos e nenas de sexto de primaria do CEIP López Ferreiro exerceron como concelleiros e concelleiras nunha sesión plenaria moi especial,presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para conmemorar o 20 de novembro, día mundial da Infancia.

 

Os nenos e nenas estiveron traballando nas semanas previas sobre a Convención sobre os dereitos do neno para poder achegar durante o pleno a súa visión de como se ve reflectido este documento na súa vida diaria e a de millóns de nenos e nenas que viven en países menos desenvolvidos. Así, o alumnado incidiu en catro aspectos que recolle esta Convención como a non discriminación, o interese superior do neno e nena, o dereito á vida e a participación dos menores de idade.

                                                                                      

 

Seguridade en internet e acoso escolar

Profesionais do Corpo Nacional de Policía, estiveron no noso centro, os pasados 23 e 24 de outubro, impartindo ao alumnado de 5º de E.Primaria unha charla sobre seguridade en internet e acoso escolar, completando así o traballo do profesorado nestos temas.

o vindeiro martes día 06 de novembro ás 17:00h, terá lugar no salón multiusos do colexio a charla da Policía, para as familias, sobre o uso e abuso das novas tecnoloxías que fora aprazada

      

Visita ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller

O alumnado de 5º de E.Primaria, realizou unha visita ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller, o 26 de outubro. 

Alí coñecemos as súas instalacións, os telescopios e tivemos unha pequena conferencia que nos axudou ao completar o que estamos traballando na aula. 

 

             

Os motores de Patelo

O pasado 11 de outubro, o alumnado de 6º,  tivemos o pracer de desfrutar dunha actividade preciosa que nos preparou o avó dun alumno xunto cun amigo seu. Ofrecéronse a facer algo para completar a materia de Robótica. E ese "algo" resultou ser unha experiencia única, moi interesante, diferente e entrañable tamén. Neste, que quere ser un resumo da actividade, quero plasmar todo o agradecemento e fascinación que sentimos, en nome de alumnas, alumnos e no noso tamén.

Adoitan facer este tipo de presentacións a alumnado maior, incluso universitarios. Tamén as fan para representantes de 70 países que se reúnen de forma periódica en Vigo. Polo tanto a súa dúbida era se o noso alumnado estaría interesado, dúbida típica de quen sendo un xenio engrandece aínda máis coa modestia que amosa. Suxeríronnos que viramos algún vídeo no canal de Youtube Motores Patelo e por suposto pareceunos algo moi especial. Entre eles hai un da súa participación no programa "El Hormiguero 3.0". 

Imaxinade o entrañable que poden resultar dous personaxes que viviron con paixón a súa profesión, que aínda seguen a sentir esa mesma paixón xa xubilados, ata o punto de querer  transmitila ás novas xeracións e de facelo de forma maxistral.

 As rapazas e rapaces non perdían ollo do que vían, nin palabra do que oían. Para eles todo aquilo que lles trouxeron estes dous amigos eran tesouros. Para nós tamén.

Imaxinade a estampa de dous poñentes que trasladan todos os seus recursos nun carro (con coidado máximo), para despregalos con mimo ante nos e deleitarnos ademais con vídeos e relatos épicos das súas experiencias. Imaxinade tamén que veñen acompañados dun  "chofer" (avó tamén deste alumno). E sen ver nada máis, non vos parece unha experiencia realmente especial?

Creo que o título da peza que elixín como fondo musical resúmeo moi ben: "Whisper of a Thrill", "O murmurio dunha emoción". 

Agora déixovos tamén unha modesta reportaxe gráfica para que poidades asomar un pouquiño ao que nós vivimos.

 

 

Actividade BIBLLIOTECA "Día das bibliotecas escolares"

 

Hoxe mércores, 24 de outubro, celébrase o Día das bibliotecas escolares.

E na biblioteca do centro tamén o celebraremos coa entrega das medallas ás mellores lectoras e mellores lectores do curso pasado, así como coa resolución do logotipo gañador para a nosa radio escolar.

Pero ademais, organizaremos pra as familias un obradoiro de animación á lectura que conviñemos en chamar: Ler en familia. Por que e para que?

O obxectivo é achegar as  propostas do equipo de dinamización da biblioteca para axudar ás pequenas e aos pequenos no fomento da lectura, e tamén comentaremos que xéneros literarios poden ser máis propicios para animar a ler.

En defintiva, pretendemos crear un espazo de reflexión e diálogo e para iso contaremos, neste primeiro obradoiro, con Patricia Fernández Botana, mestra, especialista no traballo coa tradición oral, e nai desta escola.

Agardamos que a proposta sexa do interese da comunidade educativa, e esperamos por  quen se queira achegar na biblioteca do centro o mércores 24  ás 17:00 horas.

 

Distribuir contido