Curso 17-18

Curso 17-18

Xornada de robótica do alumnado de 6º cos nenos e nenas de 1º

O alumnado de 6º de EP amosou aos máis noveles do centro, os nenos e nenas de 1º , os seus avances no mundo da robótica así como o funcionamento  das montaxes  de circuítos eléctricos creados por eles mesmos.

De forma lúdica e activa os nenos e nenas de 1º poideron desfrutar parte da xornada escolar das aprendizaxes e dos resultados da labor desenvolvida polo alumnado de 6º no marco do programa de innovación educativa “ Introdución á robótica educativa en primaria”  promovido pola Xunta.

Coñecer  os programas informáticos de mbot, o manexo dos robots conectados os ordenadores,  espertou grande interés no alumnado de tan curta idade grazas  á disponibilidade e bo facer dos nenos e nenas de 6º  .

Noraboa a tódolos eles!

Pequena mostra do acontecido  nestas imaxes.

 

I Marcha Ciclista Escolar

 

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria do noso colexio  participaron o pasado venres 18  de maio na I Marcha Ciclista Escolar, organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local,  que buscaba que os alumnos puxeran en práctica o aprendido no parque infantil de tráfico de Amio, así como promover o uso da bicicleta.

Día dos museos. Museo das peregrinacións

Conmemorando o día internacional dos museos, o alumnado de 4º de E. Primaria disfrutou de O Paroleiro, “Os contos de Pablísimo”, sesión de contacontos de tradición oral na que se empregan recursos como: sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, cancións e narración oral.

Audición musical no Auditorio de Galicia

O venres 16 de marzo, o alumnado de 1º de EP acudiu ao Auditorio de Galicia

dentro do programa de actividades didácticas desta institución e a proposta

da Área de Educación Musical.

A Banda de Música de Santiago foi a encargada de poñer a música de fondo

ás aventuras de Hipo & Gavante. Poder desfrutar dun contacontos 

musicado resultou toda una experiencia para os asistentes. 

 

 

Contacontos na biblioteca

O pasado día 27 de febreiro e organizado polo Equipo da Biblioteca do centro, o alumnado de 1º de EP desfrutaron dunha xornada lectiva distinta, escoitaron e participaron de forma activa dunha sesión de contacontos. Nada máis e nada menos que sobre o libro “O lobiño riquiño” do Hematrocríto.

Toda una sesión chea de algarabía e expectación por poder escoitar de xeito ameno esta lectura . 

Os participantes na representación do conto  fixeron posible que ninguén perdera detalle do curioso argumento que nos presenta a outra cara do “lobo feroz”. 

Visita á Praza de abastos

O alumnado de 1º visitou o Mercado de Abastos de Santiago para poñer en práctica a Unidade didáctica do Euro e o Sistema Monetario e completar a súa formación sobre a alimentación saudable.

Visitaron  diversos postos entre os que cabe destacar a peixaría, carnizaría e froitaría.  Neles, ademais de recibir a información sobre os artigos en venta,  foron anotando no seu  “caderno de campo” os datos relativos aos precios.  Coñeceron  deste  xeito o valor real e  aplicáronno ás moedas estudadas.

Os vendedores atendereron con moita amabilidade as preguntas que o alumnado era quen de plantexar . 

A xornada rematou coa compra real de pan e flores para as súas familias. Sentíronse moi satisfeitos  por saber facelo por eles mesmos.  

Visita ao CIMUS

O 6 de marzo o alumnado de 6º visitou o Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CIMUS), alí puideron observar de primeira man o traballo dos investigadores para loitar contra o cancro, pasaron por distintintos laboratorios, viron células e tecidos ao microscopio, e escoitaron unha interesante charla sobre a investigación neste campo. Moitos saíron dalí coa idea de convertirse en investigadores, quen sabe!!

 

Visita á granxa Avega e Arqueixal

O 27 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º de E.Primaria, visitaron a granxa de galiñas ecolóxicas AVEGA, onde puideron observar como se alimentan e se coidan as galiñas desa granxa e saber máis sobre os distintos tipos de ovos e as súas características.

Visitaron tamén as  instalacións de ARQUEIXAL onde lles explicaron a fabricación artesanal do queixo, probaron o seu iogur e entraron nunha casa antiga na que case puideron viaxar no tempo.

Esta saída foi subvencionada pola ANPA do colexio.

Entroido no López Ferreiro

 O pasado 9 de febreiro celebramos o entroido no noso cole. O alumnado de infantil e primaria fixeron o desfile polo patio de columnas. Logo os alumnos e alumnas de E. Primaria foron o ximnasio da Escola de Maxisterio, alí cada nivel fixo un baile conxunto.

Como actividade incluída no proxecto interdisciplinar do centro, a temática dos disfraces este ano foi " animais extintos ou en perigo de extinción" así atopamos: cabras montesas. abellas, triceratops, lobos, xoaniñas, sapoconchos, osos pardos, os picapedra co seu dinosaurio e os pescadores de sardiña atlántica.

O ano que vén quen sabe o que atoparemos!!

 

   

 

 

 

 

Conferencia de Don Francisco Ramón Durán Villa

O alumnado de 5º tivo a sorte de poder escoitar a D. Francisco Ramón Durán Villa, aquí podedes ver un resumo da súa visita 

Distribuir contido