Visita á granxa Avega e Arqueixal

O 27 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º de E.Primaria, visitaron a granxa de galiñas ecolóxicas AVEGA, onde puideron observar como se alimentan e se coidan as galiñas desa granxa e saber máis sobre os distintos tipos de ovos e as súas características.

Visitaron tamén as  instalacións de ARQUEIXAL onde lles explicaron a fabricación artesanal do queixo, probaron o seu iogur e entraron nunha casa antiga na que case puideron viaxar no tempo.

Esta saída foi subvencionada pola ANPA do colexio.

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO - CURSO 2018/19


INFORMACIÓN SOBRE O COLEXIO

§  Colexio público, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago.

§  Niveis educativos que se imparten: Ed. Infantil e Ed. Primaria.

§  Colexio adscrito aos institutos de Ensino secundario "Xelmírez I" (situado no Campus Sur) e "Xelmírez II" (zona de Salgueiriños).

§  Xornada continuada todo o ano.

§  Horario escolar: 9:30 a 14:30h.

§  Departamento de Orientación formado por: 1 Orientadora (mestra e psicóloga), 1 especialista de Audición e Linguaxe e 1 especialista en Pedagoxía Terapéutica.

 Actividades xestionadas pola ANPA

’      Servizo de madrugadores de 7:30 a 9:30h.

’      Servizo de merenda saudable.

’      Servizo de muda.

’      Servizo de comedor de 14:30 a 17:00h.

’      Actividades extraescolares.

     Mais información en http://www.anpalopezferreiro.org

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO

 

Calendario de admisión e matrícula

  •  Sorteo das letras de desempate: 27/02/2018
  • Publicación das vacantes: antes do 1 de marzo
  • Presentación de solicitudes de admisión: 1-20 de marzo
  • Documentación acreditativa do baremo: 10 días hábiles despois dos 2 días seguintes a o de remate de presentación de solicitudes de admisión 
  • Listaxes provisionais de alumnado admitido: antes do 25 de abril. Iniciase o prazo de 5 días hábiles para reclamacións que se resolverán en 5 días hábiles.
  •  Listaxes definitivas de alumnado admitido: antes do 15 de maio
  • Formalización de matrícula: 20-30 de xuño

                              HORARIO DE SECRETARÍA: de luns a venres lectivos de 9:00-14:30. Os martes tamén de 16:30-18:30h.         

 

 

Información importante _ proceso de admisión

     1.        A solicitude de admisión presentarase no centro indicado en primeiro lugar e poderá conter ata 6 centros por orde de preferencia.

     2.       A solicitude será única e terá carácter vinculante.

     3.       A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

     4.       As solicitudes presentadas fóra de prazo, a formulación de máis de unha solicitude ou a inclusión de datos que non se axusten á realidade, darán lugar á perda de todos os dereitos de prioridade.

     5.     O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe.

      6.       O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

     7.       A solicitude dun posto escolar reservado a alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) deberá acompañarse da documentación xustificativa para o seu cotexo polo centro educativa.

·         Presentarase unha única solicitude segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

o    Recollerse no centro.

o    Cumprimentarse na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

o    Descargarse e cubrir de forma manual: Anexo II

Unha vez cuberto o formulario deben imprimilo (se é o caso) e entregalo no centro educativo. Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365 poden presentalo na Sede Electrónica.

 

  • As solicitudes virán acompañadas de:

o    Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta automatizada.

o    Copia do DNI ou libro de familia onde apareza a idade do neno/nena.

o    Convenio regulador ou resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.

o    Para o alumnado xa matriculado noutro centro nun nivel de primaria: certificado de matrícula do centro actual. Os solicitantes deben comunicar a dita solicitude ao centro de orixe.

É IMPRESCIDIBLE TRAER OS ORIXINAIS PARA O COTEXO DA DOCUMENTACIÓN

 

Nos arquivos anexos poden descargar outros documentos de información e de recollida de datos: ficha de datos persoais, normas de educación infantil e primaria, rúas de influencia, outra información sobre o colexio...

 

                  BAREMO. Información

A DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DO BAREMO XA PODE ENTREGARSE COA SOLICITUDE DE ADMISIÓN

CRITERIO

PUNTUACIÓN

DOCUMENTACIÓN

1.IRMÁNS NO CENTRO

a.       Por un irmán matriculado no centro

8 ptos.

Copia completa do libro ou libros de familia. (é preciso presentar o/os orixinais)

b.      Polo segundo e seguintes irmáns matriculados no centro

2 ptos.

c.       Xemelgos se solicitan área de influencia do domicilio familiar.

8 ptos.

2. POR SER TRABALLADOR/A DO CENTRO

3 ptos.

Certificación da dirección do centro

3. POR PROXIMIDADE DO DOMICILIO AO CENTRO

a.       Área de influencia

6 ptos.

Certificado de empadroamento expedido polo concello. Antigüidade mínima 1 ano.  Debe coincidir co domicilio fiscal.

b.      Área limítrofe

3 ptos.

4. POR PROXIMIDADE DO LUGAR DE TRABALLO AO CENTRO

a.       Área de influencia

4 ptos.

Conta allea: certificado do empregador e contrato de traballo.

Conta propia: alta censual na Axencia Tributaria.

Persoal da Admón.: certificación da xefatura de persoal

b.      Área limítrofe

2 ptos.

5. POR CONDICIÓN DE FAMILIA NUMEROSA

a.       Categoría especial

3 ptos.

CONSULTA AUTOMATIZADA. Se denegan a consulta copia cotexada do título de familia numerosa.

b.      Categoría xeral

2 ptos.

6.POR CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL

2 ptos.

Libro de familia…

7. RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR. 

a.            Ingresos inferiores a 0.5 veces o IPREM (resultado inferior a 3195,06€)*

3 ptos.

 

CONSULTA AUTOMATIZADA.

*Os datos da Renda per cápita foron tomados sobre 12 pagas anuais.

 

b.            Ingresos igual ou superior a 0.5 e inferior a 0.75 veces o IPREM (entre 3195,06 e 4792,60€)*

2 ptos.

c.             Ingresos igual ou superior a 0.75 e inferior ao IPREM (entre 4792,60 e 6390,13€)*

1 pto.

8.. DISCAPACIDADE DO ALUMNO/A, IRMÁNS OU PROXENITORES

a.       Discapacidade do alumno/a

4 ptos.

CONSULTA AUTOMATIZADA. Se denegan a consulta copia cotexada da certificación do grao de minusvalía.

b.      Discapacidade dos pais/titores

3 ptos.

c.       Discapacidade dos irmáns

1 pto. por cada un

9.. CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO

a.    Domicilio familiar ou lugar de traballo dos pais ou titores legais na área de influencia do centro

1 pto.

 

 

 

Visita ao Museo de Historia Natural

O venres, día 2 de febrerio, o alumnado dos tres cursos de 1º de EP foi ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

Este centro conta, como se sinala na súa páxina web, http://www2.usc.es/museohn,  con fortes potencialidades educativas e sociais pois ademais das súas tarefas de investigación, centra o seu futuro na divulgación científica.

O alumnado realizou unha visita guiada por un biólogo ás súas instalacións e fondos, polo que se incrementaron os seus coñecementos sobre a biodiversidade terrestre, mariña e sobre o solo.

Todo iso serviu, para conciencialos da importancia de coidar o seu ecosistema co fin de garantir a súa supervivencia.

               

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

RESERVA DE PRAZA (CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE ESTEA ADSCRITO).

O CEIP de Prácticas López Ferreiro está adscrito ao IES XELMIREZ I e ao IES XELMIREZ II.           
 
O alumnado que pretenda continuar estudos o vindeiro ano nun dos centros de adscrición deste colexio, para reservar praza nel, deberá presentar na secretaría do CEIP López Ferreiro o formulario ED550A. Tamén poderá facer a reserva de praza, telematicamente, a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) .

Unha vez cuberta a solicitude, lembre que debe dirixirse coa solicitude impresa ao centro no que seu fillo ou filla cursa estudos. Como novidade, este ano por primeira vez tamén poderá presentarse na SEDE ELECTRÓNICA.   
 
O prazo de presentación vai do 1 ao 15 de febreiro de 2018.         
 
Se os/as alumnos/as van solicitar praza noutro centro non adscrito ao CEIP López Ferreiro, deberán facelo durante o período ordinario de admisión do 1 ao 20 de marzo.   
 
Lembrade que do 20 ao 30 de xuño, o alumnado terá que formalizar a matrícula no centro de adscrición.

Diploma de Recoñecemento a Calidade e Excelencia Educativa

Queremos comunicar a toda a comunidade educativa que o noso centro foi distinguido polo Patronato de Familias Mundi   co   Diploma de Recoñecemento a Calidade e  Excelencia Educativa. 

Parabéns a todas e todos os membros da comunidade educativa do López Ferreiro.

 


 

 Pinchando aquí accédese ao documento completo

Visita ao Pazo de Xelmírez

O xoves 14 de outubro, o alumnado de 3º visitou a exposición Mestre Mateo no Pazo de Xelmírez. Alí puideron ver as pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago, na actualidade desaparecidos, como a fachada medieval e o coro de pedra que ocupou a nave central.

 En especial, destaca a figura masculina con cartela, recentemente descuberta durante as obras de restauración da Torre das Campás.

 

A visita rematou coa realización dun obradoiro baseado na construcción dun Portico da Gloria con pezas de porexpan.

 

Magosto

O mes de novembro é o mes do Magosto. Son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes tamén leva este nome.

No colexio festexamos o Magosto o 17 de Novembro. Despóis de facer distintas actividades nas aulas relacionadas coa esta festividade, fomos ao Parque Xixón, o alumnado de primaria, e ao patio de infantil, os máis pequenos do cole.

Alí degustamos as castañas e  despois  saltamos e brincamos xogando a distintos xogos populares. 

                                                                             

Visita ao CIAC

Os días 19 e 27 de outubro o alumnado de 1º  acudíu ao CIAC (centro de interpretación ambiental de Santiago).

A  xornada desenvolveuse con obradorios nos que o alumando participou con entusiamo e alegría.

Por unha banda, xogos de concienciación de reciclaxe,  no que todos amosaron o seu coñecemento dos tipos de colectores e do seu uso; e un segundo obradorio

ao aire libre no que os sentidos da vista, tacto e olfacto permitíronlles  coñecer as árbores e a natureza do  Parque de Belvís.

Foi sen dúbida unha xornada especial para lembrar e poñer en práctica as súas aprendizaxes.

                                    

                                              

 

 

                                                         

                                                              

 

Ópera Guillermo Tell, Auditorio de Galicia

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria asistiron os pasados 30 e 31 de outubro, no Auditorio de Galicia a una adaptación da ópera de Guillermo Tell, de Rossini, protagonizada pola compañía de teatro “La Baldufa” de Lleida.
Nela cóntase a sublevación do pobo suízo contra as tropas austríacas, liderado polo seu heroe Guillermo Tell.

 

Distribuir contido