Unha enxeñeira ou científica en cada cole

 O alumnado de 5º e 6º de primaria, participou no proxecto " Unha enxeñeira ou científica en cada cole", participando en distintos obradoiros impartidos por científicas, enxeñeiras, investigadoras que acercaron o seu traballo ao noso alumnado.

"Falando cos superordenadores" obradoiro no que participou 6ºB. Relatoras: Natalia Costas, Carmen Cotelo e Mª José  R. Malmierca.

"Xogando coa luz", obradoiro no que participou 6ºA. Relatoras:Mª del Carmen Bao Varela e Mª Teresa Flores Arias.

"Informática visual aplicada á bioloxía"obradoiro no que participou 5º A. Relatoras: Eva Cernadas García.

"Buscando estrelas"obradoiro no que participou 5ºB. Relatora: Josefina F. Ling

 

OS XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS NA ED. INFANTIL

Nestas idades temperás poñemos en contacto aos cativos/as con sinxelos xogos populares e tradicionais, os cales forman parte do patrimonio cultural da nosa terra. Deste xeito, tentamos contribuír na medida das nosas posibilidades, a evitar o seu esquecemento

 

 

 

   

 

 

 

Poden ver máis fotos na galería, no albúm Xogos populares en Ed. Infantil

Saída ao Teatro Principal

O pasado 23 de febreiro o  alumnado de 1º de E.Primaria  asistiu a ao teatro Principal  a ver “ Babiliglub”,  unha novedosa obra infantil en luz negra que introduce ao público nunha aventura de títeres baixo un mar de música, movemento e cor.

Babiliglub conta coa música de Elena Paz e Xosé Liz; e un elenco formado por Óscar Ferreira, Rogelio Lema e Xurxo Cortázar.

 

 

 

 

 

 

 

Calendario 2016

 

Feliz 2016!!

 Aquí está o calendario, elaborado polo alumnado do López Ferreiro. 

 

 

 

Renacemento e barroco musical

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, participou o pasado venres 4 de decembro nunha actividade musical no centro, impartida por Luis Soto, pai de un alumno de 6º e unha alumna de 1º.

Nesta actividade descubriron a música na Idade Moderna: Renacemento e Barroco, dun xeito ameno e práctico.

Grazas de novo a Luis, por achegarnos unha vez máis a música. 

     

Cartografía

Os pasados días, 26 de outubro e 2 de decembro de 2015, o alumnado de 5º e 6º, respectivamente, asistiron no colexio, a unha charla impartida por Alberto Varela, pai de alumnos do centro.

En dita charla, tiveron a sorte de contar co saber e profesionalidade de Alberto, para reforzar contidos traballados na área de Sociais, e descubrir outos novos de xeito atractivo e práctico.Reiteramos de novo o agradecemento pola colaboración, en nome de todo o alumnado

     

Visita ao Museo de Historia Natural

Os alumnos e alumnas de 3º de E.Primaria, visitaron o pasado día 2 de decembro, o Museo de Historia Natural, reforzando asi o tema dos invertebrados, traballado na aula.

 

       

Encontros con autores, Gonzalo Moure

Gonzalo Moure, nacido en Valencia, estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid. Traballou como xornalista entre 1973 e 1989, fundamentalmente na radio. Deixou esta sendo director dunha emisora de radio. Tamén escribíu en prensa, prensa especializada en música popular, televisión (como guionista) e publicidade.

As súas obras caracterízanse pola atención aos problemas sociais.

O 25 de novembro o noso alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, tivo  as sorte de asistir a unha charla co autor dos libros que están lendo, Palabras de caramelo e Fango.

 

         

Distribuir contido