Conmemoración do 25 de novembro

Este curso, a biblioteca do CEIP López Ferreiro propúxonos conmemorar o 25 de novembro (Día Internacional contra a violencia de xénero) "PINTANDO DE VIOLETA" as portas do colexio.

Premendo na imaxe, podedes ver o resultado.

 

"Pontes para coñecérmonos", gañador no VI CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

O CEIP LÓPEZ FERREIRO ESTÁ DE NORABOA

E  é que o noso centro foi un dos gañadores no VI CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS no contexto do PLAN LÍA  (lectura, información, aprendizaxe) de bibliotecas escolares.

O Proxecto merecedor do Premio foi Pontes para coñecérmonos, desenvolto o curso pasado para observar as similitudes e diferenzas entre Galiza e Tras Os Montes. Partindo de contidos relacionados co currículo das ciencias sociais, das matemáticas, da lingua galega, do inglés e da robótica, o alumnado de sexto configurou con compañeiros e compañeiras da escola Diogo Co de Vila Real un novo xeito de aprender:  facéndose preguntas; buscando información e amosándoa por diferentes medios  (vídeos, folletos publicitarios, xogos quiz, programas de robótica, amosando a s nosas cidades…),e todo elo dun xeito colaborativo.

 

Agradadecementos especiais á profesora de lingua e literatura portuguesas da USC, Isabel Morán quen nos mergullou na cultura lusófona; á tamén profesora da Universidade de Vigo Lourdes Maceiras, que nos deu datos e información sobre a rota do Caminho Minhoto; a Pepe e a Susana, encargados da nosa cociña, con quen practicamente empezamos o proxecto elaborando repostería de Vila Real;  ao papá Ricardo Portabales, que nos ensinou a compoñer un xogo quiz…

Pero sobre todo, moitas grazas á promoción de nenas e nenos de sexto do curso 2018-19  que levou a cabo este proxecto. A súa pegada quedará para sempre no seu cole, no López Ferreiro.

 

 

 Equipo de dinamización da biblioteca

Día Universal do Neno. Pleno Infantil no Concello de Santiago

Con motivo da celebración do Día Universal do Neno, a Concellaría de Políticas Sociais do Concello de Santiago e Unicef organizaron un pleno infantil no que participaron nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP López Ferreiro.

 

Grupo solidario CEIP López Ferreiro- Escola “Apóstolo Santiago” de Chad

O nome do noso colexio xa está na Escola “Apóstolo Santiago” de Chad.

O pasado curso fixemos un mercadiño solidario no que colaboraron os alumnos e alumnas do grupo, nais, pais avós... A recadación superou todas as nosas expectativas: 950 €!!!

Tal como tiñamos previsto doamos os cartos ao proxecto dun santiagués, Ismael Piñón, para construír unha escola nunha cidade do país africano.

A primeira fase das aulas de primaria xa estaba rematada grazas á colaboración da delegación de Santiago de “Manos Unidas” polo que a nosa aportación iría para mercar material escolar ou mercar os almorzos do alumnado de infantil durante 6 meses.

O pasado mes de xullo Ismael Piñón estivo en Santiago e explicounos que como a nosa aportación era tan xenerosa, pediu axuda a unha organización española para completala, e construíron unha casiña destinada aos alumnos e alumnas de infantil. ¡Nada máis e nada menos!

Os pais e nais enviaron un agasallo para nós: unha tea estampada por eles mesmos chea de cor e de agradecemento.

Este curso plantexámonos seguir aprendendo sobre solidariedade, igualdade, desenvolvemento e xustiza.

E seguiremos apoiando a escola de Chad que xa é tamén “a nosa escola”.

 

      

 

          Escola “Apóstolo Santiago” de Chad.

Semana Europea da Mobilidade

Os nenos e nenas de 6ºde E. Primaria  participaron este mércores na xincana organizada polo Concello de Santiago con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

Na Praza do Obradoiro foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e polo concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños.

                                                                    

LISTAXES DEFINITIVAS FONDOLIBROS

Listaxes definitivas fondolibros 3º e 4º Primaria

Aclaracións:

     * O libro que aparece como Educación Artística é o libro de música.

     * Aínda que o fondo lles conceda o libro de inglés, lembren que teñen que mercar o activity book.

     * Os libros entregaranllos os titores/as ao alumnado en setembro.

LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS E EXCLUÍDOS DOS VALES PARA LIBROS E/OU MATERIAL ESCOLAR

Por motivos de protección de datos, publicamos as listaxes de alumnado excluído dos vales para libros e/ou material indicando o DNI do proxenitor que fixo a solicitude. Aqueles que non figuren excluídos poden recoller os vales ata o día 15 xullo en horario de 9:00 a 14:00h (deben recollelos os proxenitores ou outra persoa debidamente autorizada)

LISTAXE DE EXCLUÍDOS: VALES PARA LIBROS E/OU MATERIAL ESCOLAR

Tamén publicamos as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto para 3º e 4º de Primaria. Poden facer reclamacións os días 3 e 4 de xullo. As listaxes definitivas onde indican os libros concretos que se conceden, publicaranse o 9 de xullo.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO

 

DOCUMENTACIÓN  necesaria para a matrícula:

       Solicitude acordo co Anexo III-1  

       3 fotografías tamaño carné.

       Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a

       Fotocopia do libro de vacinas

       Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)

       Fotocopia do DNI dos proxenitores/titores

Ademais deben cubrir os seguintes impresos: 

       Autorización de saídas

       Autorización uso da imaxe.

       Ficha informativa para Educación Física

       Enquisa sobre a lingua do alumnado

       Autorización a persoas para a retirada do alumno/a.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (DOG do 20 de maio de 2019)

 

A Consellería ven de publicar a Orde do 03 de maio de 2019 (DOG 20 de maio) pola que se regula o Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O alumnado matriculado en cursos incluídos no E-DIXGAL no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para material escolar e á establecida para alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO    Äalumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria obrigatoria no vindeiro curso escolar.

Contía das axudas:

Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €

6 libros

Alumnado con renda per cápita familiar entre 5.400 € e 9000 €

4 libros

Alumnado tutela Xunta ou discapacidade superior ao 65%

6 libros

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO   Äalumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria no curso 2019/20.

Contía das axudas:

Renda per cápita igual ou inferior a 5400€

170€

Renda per cápita superior a 5400€ e inferior a 9000€

90€

Para o alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

250€ con independencia da renda.

Para o alumnado en situación de garda ou tutela da xunta

contía máxima con independencia da renda.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR   Äalumando matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda per cápita igual ou inferior a 5400€.

 

   

 

Contía das axudas

A contía da axuda será 50€.

 O alumnado en garda ou tutela pola Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% recibirán esta axuda con independencia da renda.

 

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro docente no curso 2019/20 e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2019/20 e ata o día 21 de xuño (este incluído).

 En todo caso, os documentos deben ser válidos no momento da presentación e reflectir a situación familiar e económica a  31/12/2017.

 

Prazos

Ø  Entrega de solicitudes:                                  ata 21 de xuño

Ø  Entrega de libros curso 2018/19                   ata 21 de xuño

Ø  Prazo para gravar solicitudes                        ata o 1 de xullo

Ø  Publicación listaxes provisionais                    2 de xullo

Ø  Prazo reclamar as listaxes provisionais    _ _3 e 4 de xullo

Ø  Prazo para gravar reclamacións                    8 de xullo

Ø  Publicación das listaxes definitivas                9 de xullo

 Nota: O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2019/20, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso actual.

 Poden descargar a solicitude e consultar toda a información nos arquivos adxuntos.

Distribuir contido