Merry Christmas and Happy New Year :)

Estimado alumnado e familias,

O Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües queremos desexarvos un Nadal máxico, cheo de felicidade e de bos momentos compartidos con familia e amizades.

 

Separadores Navideños para la Comunidad de Steemit — Steemit

 

Queremos felicitarvos estas datas co seguinte vídeo:

https://drive.google.com/file/d/17Ua_f1GTxGbQ-px_-xMILT8QRLVX6hDy/view?usp=sharing

 

Teacher Lucía     Teacher José Luis    Teacher Sara    Teacher Jianne    Teacher Mari 

 

 

 

 

 

Póster de presentación para o colexio de intercambio e primeiro contacto virtual

O prometido é débeda, achegamos o enlace para que poidades ver o traballo realizado por todo o alumnado do colexio, un póster dixital para darnos a coñecer un pouco máis ao colexio de intercambio.

Os de E.I e 1º e 2º de E.P, foron os encargados de lles mandar palabras e mensaxes de benvida, con todo agarimo.

O alumnado de 3º foi o encargado de lles felicitar o Nadal con tarxetas cheas de cores, fantasía e boas intencións.

O alumnado de 4º deu o seu toque musical cunha Christmas carol, da cantante australiana Sia, non hai máis que oílos para darse conta das ganas que lle botaron.

Os de 5º, asumiron a tarefa de entrevistar a Jianne (a nosa auxiliar de conversa) que tamén forma parte do proxecto e colabora como a que máis.

O alumnado de 6º foi o encargado de preparar unha presentación para que coñezan mellor o noso colexio, convertíndose en anfitróns e anfitroas virtuais. 

Aproveitamos para comentar tamén que, o alumnado de 6º de EP, xa tivo un primeiro encontro virtual con alumnado do Cañada Blanch School (tamén de 6º). A curiosidade foi a protagonista do encontro, os/as estudantes de ambos países querían saber que cousas tiñan en común e cales eran as diferenzas na súa vida escolar. Todas e todos gozaron dunha charla que se lles fixo curta, charla que dará lugar a outra actividade para compartir.

 

Esperamos que vos guste.

Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües

 

Programa de Intercambios Escolares EduExchanges

 

Como xa vos indicamos por correo, este curso solicitamos a participación no programa de Intercambios Escolares EduExchanges 2021/2022, intercambio en liña xa que nestes momentos non poden ser doutro xeito. O centro co que imos a desenvolver a actividade é o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres (Vicente Cañada Blanch Spanish School), colexio multilingüe e o intercambio será en lingua inglesa.

 

http://vicentecanadablanch.educalab.es/home

 

 

Queremos implicar a todo o alumnado do centro, dun xeito ou doutro. Todo o profesorado de Lingua Inglesa traballamos para que esta participación se leve a cabo, colaborando en distintas actividades de modo conxunto.

En breve, teredes noticias das primeiras actividades que estamos a desenvolver.

 

Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües

 

Bo Nadal e Feliz 2022

PROCLAMACIÓN CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

 

De acordo co establecido nos artigos 31º e 51º do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG do 29), quedaron proclamados  como candidatos elixidos para formar o Consello Escolar do Centro os seguintes representantes:                      

 Resultados obtidos polas candidaturas do profesorado:                    

 Bueno Ferreiro María del Carmen

 Mera Lamela, María Paz

 Robles González, Ana María

 Suárez Veiga, Rosa Esperanza

 

 Resultados obtidos polas nais/pais do alumnado

 Asorey Mera, Beatriz

 Rey Pereira, María 

Faise constar que a representante do sector de pais de alumnos, D.ª  Sandra Mª Pereira Pena corresponde á proposta feita pola ANPA do Colexio de acordo co establecido no artigo 39 do Decreto 74/1996, do 17 de outubro (DOG do 21).

 

Representante do Concello:

 Gonzalo Muíños Sánchez 

 

 

AS TANXUGUEIRAS NO LÓPEZ FERREIRO

Novembro é o mes por execelencia da tradición oral. O Equipo de dinamización da lingua galega, está a procura de elaborar o noso "Libro da memoria", e o da biblioteca comezou coas grabacións da radio.
Mais se hai alguén que nestes momentos está a contribuír a espallar o orgullo pola nosa lingua e a nosa cultura, esas son unhas pandereiteiras: Tanxugueiras.
As nenas e os nenos de 4º do CEIP López Ferreiro, disfrutaron dunha clase con elas grazas á colaboración  do Equipo de Normalización Lingüística do concello de Santiago de Compostela. E de paso, tamén responderon a algunhas cuestións que a nosa rapazada lles formulou. 
Porque...Quen sabe se dentro de pouco non serán as grandes estrelas da música europea! Parece que Eurovisión pode abrirlle as portas a unha lingua minoritaria como a nosa!

O CEIP LÓPEZ FERREIRO CELEBRA O DÍA DA INFANCIA NO CONCELLO

O día 20 de novembro conmemourose o Día dos Dereitos dos nenos e nenas. Co gallo desta efeméride celebrouse no concello de Santiago de Compostela un pleno ao que estiveron convidados o colexio de Lamas de Abade de xeito telemático e o noso de xeito presencial.

Tan só puideron asistir oito alumnos e alumnas por mor das limitacións de aforo obrigadas pola pandemia. Nas súas intervencións afondaron na situación dos nenos e nenas do noso Concello, porque malia que os dereitos fundamentais están atendidos, tamén é certo que habería que fixarse nalgúns matices, como a pobreza provocada pola perda de postos de traballo, os salarios que case non permiten chegar a fin de mes ou a pobreza enerxética, cada día máis frecuente nos fogares con menos recursos.

Non esqueceron falar da situación da infancia noutros países, nos que os nenos e nenas sofren fame, guerra e todo tipo de violencias. Por iso pediron que Santiago fora unha cidade solidaria, tamén cos que viven lonxe.

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e varios concelleiros de todos os partidos con representación, agradeceron a participación dos nosos alumnos e alumnas e o seu compromiso na defensa dos dereitos da infancia.

UN RECOÑECEMENTO PARA OS NOSOS CLUBS DE LECTURA

Desde o ano 2013, vén funcionando un club de lectura para lectoras e lectores con autonomía, e no curso 2019-20 comezou outro destinado ás nenas e os nenos que se inician na técnica lectora. Trátase dunha actividade voluntaria, na que calquera valoración xustificada crea dinamismo na exposición das ideas, axuda a reflexionar criticamente sobre os textos, provoca controversias e ideas opostas que é necesario respectar, desenvolve coñecementos metalingüísticos e, sobre todo, crea momentos de unión na nosa lingua entre o alumnado do CEIP López Ferreiro.

Como tal actividade aparece recollida no noso Proxecto lector coma un xeito de potenciación e dinamización  lectora, como un medio de implicación das familias para a promoción das lecturas e como proposta da biblioteca escolar para que esta estea presente no deseño de actividades fóra do horario lectivo.

Todo iso contribuíu a que este curso foramos dos primeiros centros de educación infantil e primaria de toda Galicia seleccionados pola Consellería de Educación  cunha subvención específica para continuar a potenciar esta actividade. Así que nestes momentos de celebración dos nosos Clubs de Lectura, un recoñecemento moi especial para todo o alumnado que nalgún momento participou, e tamén ás súas familias, que desde o seu inicio fixeron desta actividade un lugar de encontro na biblioteca do CEIP López Ferreiro.

E no presente curso, comezamos a andaina dos dous clubs o día 18 de novembro, recoñecendo a oralidade das e dos nosos antergos, polo que visitamos o Museo do Pobo Galego. Continuaremos o 25 de novembro, cunha xuntanza presencial na biblioteca despois de moito tempo.  En vindeiros meses, hai que procurar que as novas linguaxes se incorporen aos nosos clubs de lectura como un axente integrador dos diferentes niveis madurativos: as curtametraxes; o cine; o Scratch; as producións radiofónicas e a literatura transmedia, as rotas pola cidade...,  ocuparán un espazo xunto ao formato tradicional en papel, no que as títulos de “lectura fácil” en galego (da editorial Algar prinicipalmente), terán o seu oco especial.

 

Dumating si Jianne Marie, ang aming katulong sa pag-uusap

Noticias De última Hora,Periódico,Una Fotografía De Stock png imagenes

 

Dumating si Jianne Marie, ang aming katulong sa pag-uusap, traducido do tagalo: chegou Jianne Marie, a nosa axiliar de conversa (our language assistant). Chegou o pasado 4 de outubro.

Se premedes abaixo sobre THE PHILIPPINES, accederedes a unha presentación que preparou Jianne para lles falar de Filipinas.

ENJOY IT!!

 

THE PHILIPPINES

 

[It's More Fun in the Philippines (Tourism Philippines) - https://philippines.travel/safetrip]

 

26th September - European Day of Languages

Cada 26 de setembro celébrase a diversidade lingüística de Europa, ademais da riqueza e variedade cultural da que disfrutamos.

O profesorado do departamento de Inglés, decidimos celebralo decorando diversos recunchos do centro con banner flags, bandeirolas feitas polo noso alumnado de Educación Infantil e Primaria. Nelas pódense ler palabras como ola, amigo-a e diversidade en distintos idiomas.

 

 

 

Distribuir contido