Programa de Intercambios Escolares EduExchanges

 

Como xa vos indicamos por correo, este curso solicitamos a participación no programa de Intercambios Escolares EduExchanges 2021/2022, intercambio en liña xa que nestes momentos non poden ser doutro xeito. O centro co que imos a desenvolver a actividade é o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres (Vicente Cañada Blanch Spanish School), colexio multilingüe e o intercambio será en lingua inglesa.

 

http://vicentecanadablanch.educalab.es/home

 

 

Queremos implicar a todo o alumnado do centro, dun xeito ou doutro. Todo o profesorado de Lingua Inglesa traballamos para que esta participación se leve a cabo, colaborando en distintas actividades de modo conxunto.

En breve, teredes noticias das primeiras actividades que estamos a desenvolver.

 

Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües