Saídas 3º trimestre 1º E. Primaria

Visita guiada Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e á exposición SANTIAGO PINTADO, no Pazo de Fonseca. Co fin de achegar e facer partícipes ao alumnado de 1º das manifestacións artísticas e culturais da cidade de Santiago de Compostela con ampla cultura e tradición, ao longo do terceiro trimestre, os 70 alumnos/as acudiron ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e ao Palacio de Fonseca.

Nestas visitas poideron non so recibir a información das diferentes manifestacións artísticas e desfrutar das coleccións que nelas se amosan, senón participar de forma activa en obradoiros didácticos que lles permitiron desenvoler as súas capacidades gozando do traballo e estimulando así o seu interese pola creación artísitica.

No CGAC, trala visita polas diferentes salas, crearon a súas propais obras de arte.

No Palacio de Fonseca recibiron unha mostra dos diferentes traballos sobre a arquitectura da cidade, investigando a Historia de cada sítio a partir de cadros e bosquexos para posteriormente, na Praza do Obradorio realizar debuxos ao natural da arquitectura que nela observaban.