FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (DOG do 21 de maio de 2018)

 

 

 

A Consellería ven de publicar a Orde do 9 de maio de 2018  (DOG 21 de maio) pola que se regula o Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

 O alumnado matriculado en cursos incluídos no E-DIXGAL no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para material escolar e á establecida para alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOalumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria obrigatoria no vindeiro curso escolar.

 Contía das axudas:

 

Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €

6 libros

Alumnado con renda per cápita familiar entre 5.400 € e 9000 €

4 libros

Alumnado tutela Xunta ou discapacidade superior ao 65%

6 libros

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTOalumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria no curso 2018/19.

 Contía das axudas:

 

Renda per cápita igual ou inferior a 5400€

170€

Renda per cápita superior a 5400€ e inferior a 9000€

90€

Para o alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

250€ con independencia da renda.

Para o alumnado en situación de garda ou tutela da xunta

contía máxima con independencia da renda.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR    Alumando matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda

                                                                              per cápita igual ou inferior a 5400€.

 
   

                                          Contía das axudas

                                          A contía da axuda será 50€.

 

 

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2018/19.

Poderá PRESENTARSE no centro educativo ou a través da Sede Electrónica da Xunta.

  En todo caso, os documentos deben ser válidos no momento da presentación e reflectir a situación familiar e económica a  31/12/2016.

 

  A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ PRESENTARSE XUNTO CO ORIXINAL PARA O SEU COTEXO NO CENTRO EDUCATIVO.

 

 Prazos

 

 Ø  Entrega de solicitudes:                                 ______ata 22 de xuño

 Ø  Entrega de libros curso 2017/18                  ______ata 22 de xuño

 Ø  Prazo para gravar solicitudes e devolucións _____ata o 2 de xullo

 Ø  Publicación listaxes provisionais                 _______4 de xullo

 Ø  Prazo pra reclamar as listaxes provisionais ______5 e 6 de xullo

 Ø  Prazo para gravar reclamacións      _______          ata o 10 de xullo

 Ø  Publicación das listaxes definitivas            ______11 de xullo

 

Nota: O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2018/19, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso actual.

 

Poden descargar a solicitude e consultar toda a información nos arquivos adxuntos.

 

 

AdxuntoTamaño
CIRCULAR 2018 fondolibros.pdf593.78 KB
formulario fondolibros 2018.pdf1.1 MB
DOG_ fondolibros2018.pdf1.13 MB