Actividades do alumnado de 2º en novembro

 

 O alumnado de 2º de EP realizou o pasado mércores, día 15, unha saída ao MUPEGA dentro do marco de actividades enfocadas ao coñecemento da evolución das escolas e as súa función na sociedade.

 

  O alumnado desfrutou coa visualización do vídeo  das escolas da posguerra, dos xogos no tempo de lecer…

   Participaron  activamente  na interpretación do cadro de A  escola da Doloriñas así como na resolución  do crebacabezas  do referido cadro e, finalmente,  manexaron os obxectos máis representativos que nel aparecen,

   Sentarse nos antigos pupitres no que a plumilla e o pizarrín eran os instrumentos de traballo para a escritura así como  os coñecer os xoguetes tradicionais, daquela época, supuxo toda unha experiencia para os 74 alumnos e     alumnas de 2º.

  Cabe destacar que o CEIP López Ferreiro donou no seu momento diversos obxectos tales como mapas cartográficos entre outros, para desfrute dos visitantes.

 

  

 

Visita a CLESA

O alumnado de 2º acudiu á fábrica de Clesa en Caldas de Reis para coñecer de primeira man a elaboración  dos iogures a partires do leite.

A visita constou de dúas partes, unha lúdia e dirixida ao coñecemento de datos relativos á produción, da obtencíon do leite, da función desta empresa… e,outra ,na que poideron observar o funcionamento en cadea da maquinaria coa supervisión dos técnicos

A organización desta saída tivo como fin o de  profundizar nos seus coñecemntos relativos aos tres sectores do traballo.

O alumnado degustou un dos iogures estrela deste empresa: o iogur de bombón. Tamén recibiu o agasallo  dun conto e dun pack de iougures de sabores agradecéndolles o detalle.

 

 

 

A USC ACHÉGASE Á ESCOLA

Da man da profesora titular M.ª Carmen Segura, a USC achegouse á nosa escola.

Co abxectivo de amosar de xeito lúdico e ameno a función dos glóbulos brancos, vermellos e das plaquetas. 

A actividade foi moi ben acollida polos nenos e as nenas de 2º xa que comprenderon e valoraron a importancia do sistema inmunolóxico no noso corpo.

Acompañada dunha montaxe e da visualización dun vídeo , a participación activa do alumnado resultou realmente formativa.

O noso agradecemento a Mª Carmen Segura á que agardamos ata outra ocasión!