Actividade BIBLLIOTECA "Día das bibliotecas escolares"
Hoxe mércores, 24 de outubro, celébrase o Día das bibliotecas escolares.
E na biblioteca do centro tamén o celebraremos coa entrega das medallas ás mellores lectoras e mellores lectores do curso pasado, así como coa resolución do logotipo gañador para a nosa radio escolar.
Pero ademais, organizaremos pra as familias un obradoiro de animación á lectura que conviñemos en chamar: Ler en familia. Por que e para que?
O obxectivo é achegar as propostas do equipo de dinamización da biblioteca para axudar ás pequenas e aos pequenos no fomento da lectura, e tamén comentaremos que xéneros literarios poden ser máis propicios para animar a ler.
En defintiva, pretendemos crear un espazo de reflexión e diálogo e para iso contaremos, neste primeiro obradoiro, con Patricia Fernández Botana, mestra, especialista no traballo coa tradición oral, e nai desta escola.
Agardamos que a proposta sexa do interese da comunidade educativa, e esperamos por quen se queira achegar na biblioteca do centro o mércores 24 ás 17:00 horas.