O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIO
A NOSA MASCOTAACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
MATRÍCULA 2020-2021ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021 O proceso de admisión do alumnado para o curso 2020/2021 estará aberto do 01 ao 20 de marzo do 2020. Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes. NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO:
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2020-2021
SOLICITUDE DE ADMISIÓN E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA O prazo para presentar a solicitude de admisión será durante os días 1- 20 de Marzo, ambos os dous inclusive. A solicitude será única e de carácter vinculante, presentándose no centro que se solicite praza en primeiro lugar. As solicitudes de admisión realizaranse mediante o modelo ANEXO II ( procedemento ED550B galego, castelán ). Os formularios poderán cumprimentarse na aplicación admisionalumnado ou ser descargados e cumprimentados de forma manual. Aquelas familias que o desexen poden recoller o modelo no centro educativo. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. Deberá presentarse a seguinte documentación:
PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS/NON ADMITIDOS
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 20 - 30 de Xuño. Deberase presentar a seguinte documentación
De non facer esta formalización entenderase que o alumno/a renuncia á praza
CENTROS ADSCRITOS E DE ADSCRICIÓN
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO Abrangue as parroquias do concello de Mañón:Grañas, Mañón, As Ribeiras do Sor, Santa Mª de Mogor ( O Barqueiro) e Bares. As áreas limítrofes serían os concellos de O Vicedo, Ourol, Muras, As Pontes e Ortigueira.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS O centro oferta de maneira complementaria os seguintes servizo
O alumnado que desexe facer uso destes servizos deberá expresalo debidamente tanto na súa solicitude de admisión como na conseguinte formalización de matrícula. Asimesmo, segundo a Disposición adicional segunda da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este, ao longo do mes de maio de cada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar. Calquera dúbida ao respecto, será aclarada na dirección do centro.
|