blogue deENCARNA

      Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

     Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

 

Para coñecer os distintos prazos e a documentación necesaria consultade no seguinte enlace:ADMISIÓN E MATRÍCULA

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2020/2021 estará  aberto do 01 ao 20 de marzo do 2020.

    Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

    Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 12 de marzo de 2013pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 25 de xaneiro de 2017pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión en centros sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio, de educación.

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2020-2021

 

AULA

NIVEL

PRAZAS OFERTADAS

PRAZAS VACANTES

 

AULA INFANTIL

4º INFANTIL

10

10

5º INFANTIL

6

1

6º INFANTIL

4

1

 

AULA 1 PRIMARIA

1º PRIMARIA

9

1

2º PRIMARIA

5

2

3º PRIMARIA

6

2

 

AULA 2 PRIMARIA

4º PRIMARIA

8

1

5º PRIMARIA

6

1

6º PRIMARIA

6

3

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA

    O prazo para presentar a solicitude de admisión será durante os días 1- 20 de Marzo, ambos os dous inclusive. A solicitude será única e de carácter vinculante, presentándose no centro que se solicite praza en primeiro lugar.

    As solicitudes de admisión realizaranse mediante o modelo ANEXO II ( procedemento ED550B galego, castelán ). Os formularios poderán cumprimentarse na aplicación admisionalumnado ou ser descargados e cumprimentados de forma manual. Aquelas familias que o desexen poden recoller o modelo no centro educativo.

    O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

    O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

    Deberá presentarse a seguinte documentación:

  1. Solicitude de admisión (Anexo II, procedemento ED550B) debidamente cumprimentada e asinada por ambos proxenitores. 
  2. DNI da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar (se non permiten a consulta).
  3. Documento acreditativo da idade do alumno/a (Fotocopia do DNI do alumno/a ou do Libro de Familia)
  4. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
  5. Certificación de matrícula, se é traslado doutro centro.
  • Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo de centro.

 

 

 

PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS/NON ADMITIDOS

  • Listaxe provisional: antes do 25 de Abril. As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles, contados a partires do día seguinte á publicación desta listaxe.
  • Listaxe definitiva: antes do 15 de Maio.



FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 20 - 30 de Xuño.

Deberase presentar a seguinte documentación

  1. Solicitude de matrícula (ANEXO III-1debidamente cumprimentada, a cal se poderá solicitar na dirección do centro.
  2. Catro fotos tamaño carné do alumno/a.
  3. Fotocopia do boletín de vacinas do alumno/a.
  4. Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.

 De non facer esta formalización entenderase que o alumno/a renuncia á praza

 

CENTROS ADSCRITOS E DE ADSCRICIÓN

  • Adscritos: non temos.

  • De adscrición: I.E.S. De Ortigueira



ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO

Abrangue as parroquias do concello de Mañón:Grañas, Mañón, As Ribeiras do Sor, Santa Mª de Mogor ( O Barqueiro) e Bares. As áreas limítrofes serían os concellos de O Vicedo, Ourol, Muras, As Pontes e Ortigueira.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

    O centro oferta de maneira complementaria os seguintes servizo

  • Transporte escolar
  • Comedor escolar

 

    O alumnado que desexe facer uso destes servizos deberá expresalo debidamente tanto na súa solicitude de admisión como na conseguinte formalización de matrícula.

    Asimesmo, segundo a Disposición adicional segunda da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este, ao longo do mes de maio de cada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

    Calquera dúbida ao respecto, será aclarada na dirección do centro.

 

                                                                             

 

Xa podedes participar no Concurso fotográfico  "Eusonpilabot"

O prazo  remata o 8 de marzo

É un concurso de fotografía artística individual

Tedes as bases do concurso no seguinte enlace: EUSONPILABOT

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

O proceso de admisión do de alumnado para o curso 2019/2010 estará  aberto do 01 ao 20 de marzo do 2019.

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 12 de marzo de 2013pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 25 de xaneiro de 2017pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión en centros sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio, de educación.

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2019-2020

 

AULA

NIVEL

PRAZAS OFERTADAS

PRAZAS VACANTES

 

AULA INFANTIL

4º INFANTIL

7

7

5º INFANTIL

4

1

6º INFANTIL

9

1

 

AULA 1 PRIMARIA

1º PRIMARIA

6

3

2º PRIMARIA

6

2

3º PRIMARIA

8

1

 

AULA 2 PRIMARIA

4º PRIMARIA

6

2

5º PRIMARIA

4

2

6º PRIMARIA

10

4

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA

O prazo para presentar solicitude de admisión será durante os días 1- 20 de Marzo, ambos os dous inclusive. A solicitude será única e de carácter vinculante, presentándose no centro que se solicite praza en primeiro lugar.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Solicitude de admisión (Anexo II, procedemento ED550B) debidamente cumprimentada e asinada por ambos proxenitores. Poderase solicitar o impreso na dirección do centro ou descargar enhttps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • DNI da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar (se non permiten a consulta).

  • Documento acreditativo da idade do alumno ou alumna.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

  • Manifestación do desexo de utilizar os servizos complementarios do centro.

  • Indicar se o alumno ou alumna presenta necesidades específicas de apoio educativo.

  • Libro de familia.

 

Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo de centro.

 

A presentación de documentación acreditativa do baremo sería unicamente necesaria se houbera unha demanda de prazas superior á oferta. Faríase nos 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

 

PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS/NON ADMITIDOS

Listaxe provisionalantes do 25 de Abril. As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles, contados a partires do día seguinte á publicación desta listaxe.

Listaxe definitivaantes do 15 de Maio.



FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 20 - 30 de Xuño.

Deberase presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de matrícula (anexo III – 1)debidamente cumprimentada, a cal se poderá solicitar na dirección do centro.

  • 4 fotos tamaño carné do alumno/a.

  • Fotocopia do boletín de vacinas do alumno/a.

  • Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.

 

 

CENTROS ADSCRITOS E DE ADSCRICIÓN

  • Adscritos: non temos.

  • De adscrición: I.E.S. De Ortigueira



ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO

Abrangue as parroquias do concello de Mañón:Grañas, Mañón, As Ribeiras do Sor, Santa Mª de Mogor ( O Barqueiro) e Bares. As áreas limítrofes serían os concellos de O Vicedo, Ourol, Muras, As Pontes e Ortigueira.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

O centro oferta de maneira complementaria os seguintes servizos:

  • Transporte escolar

  • Comedor escolar

 

O alumnado que desexe facer uso destes servizos deberá expresalo debidamente tanto na súa solicitude de admisión como na conseguinte formalización de matrícula.

Asimismo, segundo a Disposición adicional segunda da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este, ao longo domes de maio decada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

Calquera dúbida ao respecto, será aclarada na dirección do centro.

Distribuir contido