O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIO
A NOSA MASCOTALIGAZÓNS DE INTERESEACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
Responder ó comentarioDía internacional da muller Neste día no noso cole tivemos a visita de dúas mariscadoras e unha mariñeira redeira do concello de Mañón que nos achegaron un pouco ao seu traballo e nos ensinaron a arte de mariscar e de traballar no mar. Isabel e Silvia Álvarez, as mariscadoras, amosáronos un montón de aparellos que utilizan na recolleita da ostra, da ameixa e tamén, fai uns anos, na coquina. Explicaron ademais aos nosos nenos e nenas as técnicas empregadas. Luisa falounos da súa experiencia como mariñeira e amosou diferentes artes de pesca levadas a cabo polos mariñeiros/as do noso concello. Tamén nos indicou como se repara unha rede e os distintos tipos de redes cos que ela traballa. Estes son os aparellos e tamén algúns mariscos dos que colleitan e recollen nas nosas praias e na nosa ría. No seguinte vídeo amosamos os debuxos que fixeron os nenos/as de infantil sobre a charla que escoitaron destas artes de pesca e marisqueo e tamén o traballo que fixeron os nenos/as de primaria para ampliar a cantidade de traballos que as mulleres deste concello están a realizar. Moitas grazas a Luisa, Isabel e Silvia pola súa colaboración.
Responder |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |