O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIO
A NOSA MASCOTALIGAZÓNS DE INTERESEACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
Responder ó comentarioAnónimo - Mar, 11/10/2016 - 11:17
As tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) multiplicaron a conexión entre uns lugares e outros, e mesmo chegaron a xerar algo que se deu en chamar `contorna virtual´. Sen entrar agora a matizar este concepto, e sen esquecer o papel dos medios de comunicación de masas, parece evidente que esta contorna tamén ten relevancia social: afecta directa ou indirectamente a toda a poboación, e é un lugar de actividade para unha parte dela. Esta é unha razón para que a área de ciencias sociais teña en conta tamén a contorna virtual, pero non a única: as TIC facilitan o acceso á información, a interactividade, o traballo colaborativo e a comunicación a distancia, todo iso de gran interese educativo. Por iso, seguimos afianzando contidos propios da materia, empregando as novas tecnoloxías. Os alumnos/as están motivados e isto xera un gran interese por ampliar coñecementos e fomentar deste xeito unha aprendizaxe significativo.
Responder |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |