PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23.

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

Segundo a orde de convocatoria, no seu Artigo 13. Publicación de actos

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; a listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Segundo o Artigo 21. Publicación de listaxes provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

2º C) As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional. 

O alumnado de 5º e 6º de primaria so participa nas axudas para adquisición de material ao entrar no programa E-DIXGAL.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/23.

No seguinte enlace poden consultar os libros de texto para o curso 2022/23.

Houbo unha modificación no libro de Lingua Galega de 2º de primaria.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN.

Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño

  • ANEXO III-1 (arquivo adxunto).
  • Xunto co ANEXO III-1 débese achegar a seguinte documentación:

 

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Tres fotografías, actualizadas, tamaño carné para alumnado de infantil.

Impreso de lingua materna infantil. (Arquivo adxunto)

Impreso de solicitude de transporte no caso de ser necesario. (Arquivo adxunto)

 

 

VISITA JAMES RHODES.

O pasado venres 10 de xuño tivemos unha visita moi especial. O recoñecido pianista e escritor James Rhodes achegouse ao colexio para inaugurar a Aula de Música que leva o seu nome, e compartir charla e chocolate con churros co alumnado de 6ºD. A pesar do pouco tempo de antelación que tivemos para preparar a visita pensamos que James tivo un caloroso e entrañable encontro e nós quedamos moi agradecidos pola súa cercanía e trato con todos/as. Grazas a Almudena e Carmen por facer posible o encontro e aos profes de Música máis Araceli (amosoulle a zanfona) por colaborar na organización da xuntanza.

Agardamos que se poida repetir o encontro.

 

 

PROXECTO "CÓNTAME UN CONTO"

     Durante este curso o alumnado de 4º A e C de primaria participou nun proxecto piloto que leva por título "Cóntame un conto". É un proxecto educativo impulsado polo Museo do Pobo Galego e pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos tradicionais galegos entre os escolares. O proxecto buscaba aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.

   Tanto o profesorado coma o alumnado traballaron arreo e non podemos estar máis fachendosos deles porque o resultado final foi espectacular. Esta semana no Teatro Principal celebrouse a gala do 1º Certame do proxecto xunto co resto dos centros participantes na que algúns dos nosos alumnos/as subiron ao escenario a facer a súa contada.

No seguinte enlace podedes ver os vídeos do noso alumnado:

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=kNIFYuZz0RSovhecj3r1

Na páxina do Museo do Pobo Galego tamén podedes ver o desenvolvemento do proxecto.

http://museodopobo.gal/contame-un-conto

 

PLAN DIRECTOR E PRIMEIROS AUXILIOS

Estes días o alumnado de 5º e 6º de primaria estivo recibindo unhas charlas-obradoiros por parte da Policia Nacional e Protección Civil de Compostela.

As charlas da Policia Nacional enmárcanse dentro do programa Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Especialmente estiveron centradas con todo o relacionado coa rede e as novas tecnoloxías.

Por outra banda, persoal de Protección Civil Compostela, impartiu unha formación sobre Primeiros Auxilios e medidas de seguridade. Esta acción foi organizada polo departamento de Ed. Física e a Biblioteca como parte do PDI sobre Hábitos de Vida Saudable.

Grazas pola vosa colaboración.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 22-23

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023.

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022. (código procedemento ED330B)

  • O prazo para presentar as solicitudes é dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 ambos inclusive.

 

- Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): so para alumnado que vaia a cursar 3º e 4º de primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 - O alumnado que vai a cursar 5º e 6º de primaria participan no proxecto E-DIXGAL, polo que non precisan libros de texto.

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023.

Publicadas as listas definitivas de admisión de alumnado para o curso 2022/2023. Están dispoñibles para ser consultadas no interior do centro.

Foi admitido todo o alumnado que presentou neste centro unha solicitude no proceso de admisión para o curso 22-23.

No mes de xuño publicarase na páxina web do centro a documentación necesaria para formalizar a matrícula. O período de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

 

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2022-23

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o 27 de abril de 2022, acordou convocar as axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2022/2023.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

 

Distribuir contido