Dinamización lingüística: blog EDLG

LETRAS GALEGAS-MAIOS 24

Enviado por Dirección o Lun, 2024-05-06 10:00

A proposta é facer un pequeno maio por aula o día 14 de maio. Para poder levar a cabo a actividade podedes traer ese mesmo día:

-      Fiúncho.

-      Flores.

-      Guirnaldas de cáscara de ovo.

-      Guirnaldas de pel de laranxa.

 

 

Outra actividade para facer en familia consiste en crear e decorar unha poesía, xa que foi o xénero que máis traballou Luísa Villalta. Terá formato A5 (medio folio). Haberá de prazo para entregala o 16 de maio.

LAMAS EN FEMININO. 8M.

Enviado por Dirección o Mar, 2024-03-19 11:21

Moitas grazas a todas as mulleres que se achegaron ao Lamas a amosarnos o seu traballo.

Premer na imaxe para ver o vídeo.

VÍDEO ENTROIDO 2024

Enviado por Dirección o Lun, 2024-02-19 10:35

Preme na imaxe para ver o vídeo da XI MOstra de Entroido Tradicional coa visita dos Chocalleiros/as de Vilardevós.

MANDADOS MECO ENTROIDO

Enviado por Dirección o Ven, 2024-02-02 09:49

XI MOSTRA ENTROIDO, CHOCALLEIROS DE VILARDEVÓS

Enviado por Dirección o Ven, 2024-01-12 10:44

No .pdf adxunto tedes o enlace ao vídeo.

 

 

 

 

 

 

XOGOS POPULARES CON CASTAÑAS.

Enviado por Dirección o Mar, 2023-11-14 12:13

O pasado venres 10 de novembro celebramos, para todo o colexio, unha xornada de xogos populares con castañas. Finalmente, por mor do tempo, non se puido facer o magosto pero pasamos unha divertida mañá.

Premer na imaxe para ver a montaxe de fotos. 

REVISTA ESCOLAR 2023

Enviado por Dirección o Mar, 2023-06-13 09:04

 

 

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "O AMENCER DA HUMANIDADE"

Enviado por Dirección o Lun, 2023-02-27 21:00

Esta mañá o alumnado de 6º de primaria acudiu ao salón de actos do CIFP Compostela á inauguración da exposiciónO AMENCER DA HUMANIDADE”. Na presentación participaron Ramiro Esparís (director do CIFP), o arqueólogo Eduardo Méndez Quintas e Valentín García Gómez (SXPL).

Nesta exposición, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, dáse a coñecer os resultados das investigacións desenvolvidas nos últimos anos no ámbito da prehistoria antiga en Galicia. Da man do arqueólogo Eduardo Méndez Quintas coñecemos réplicas de materiais arqueolóxicos representativos e amosounos en que consiste o seu traballo. Foron moitas as preguntas resoltas pero aínda quedaron moitas por responder.

 

 

X Mostra de Entroido de Lamas de Abade

Enviado por Dirección o Xov, 2023-02-16 12:00

X MOSTRA DE ENTROIDO DO LAMAS.

Enviado por Dirección o Mér, 2023-02-15 11:24

- Clicar na imaxe para ver o vídeo.

 

Distribuir contido