Dinamización lingüística: blog EDLG

ENTROIDO ENTRIMO E MANDADOS

Enviado por Dirección o Mar, 2023-02-07 19:13

Lembrade que este venres 10 celebramos a X Mostra de Entroido coa visita dos Madamitos e Madamitas de Entrimo. Sería recomendable que o alumnado viñera con disfraces tradicionais.

Para a vindeira semana faremos os mandadiños do Meco.

ENTROIDO 2023

Enviado por Dirección o Lun, 2023-01-16 14:03

Este ano imos celebrar a X Mostra de Entroido de Lamas de Abade.

Para iso contamos coa colaboración do Entroido de Entrimo que nos achegarán a imaxe das madamitas e madamitos.

O venres 10 de febreiro teremos a visita da mostra no noso centro. Un grupo de madamitas e madamitos chegarán desde Entrimo para amosarnos o seu traxe tradicional de entroido.

Como cada ano ese día poderemos vir disfrazados con traxes tradicionais de madamitos, velliños, velliñas, oficos, etc.

 

O venres 17 de febreiro pecharemos a celebración do entroido e cada quen poderá vir disfrazado como quieira, tendo en conta que os disfraces non deberán ter como complementos espadas, pistolas ou obxectos colgados do corpo.

 

Para máis información preme no seguinte enlace.

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=DsihmXBV3RyP5b8qWeKd

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

MAGOSTO 2022

Enviado por Dirección o Lun, 2022-11-14 11:20

O pasado venres aproveitando que quedou un magnífico día e coincidindo co San Martiño no CEIP Lamas de Abade celebramos o Magosto cunha chea  de castañas. Pasamos unha fabulosa xornada cantando, bailando e pintando a cara cos típicos tizóns que nos regala este festexo tan fermoso da nosa terra. Queremos agrader aos castañeiros que con moito cariño asaron as castañas para todos e todas nós, así mesmo a todos os nenos e nenas que achegaron castañas á escola e como non ao noso estupendo grupo Abadiño Son que nos deleitou cunha morea de pezas musicais que nos permitiron botar unhas boas bailas. Aquí deixamos un enlace para ver o vídeo resumo desta marabillosa mañán de foliada.

Distribuir contido