try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP LAMAS DE ABADE
Un centro de aprendizaxe

LECTURAS NO CANMIÑO

LECTURAS APOIADAS EN CANS.

O programa Biblioteca Inclusiva, integrado no PLAN LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares, prevé a posta en marcha de actividades que propicien máis e mellores experiencias lectoras para o alumnado. Neste contexto naceu esta experiencia piloto, en colaboración coa entidade Golfo e Dama e o programa Xacobeo 2021. 

Consulta o seu desenvolvemento nos seguinte enlace. Revista EDUGA

 

CAMPAÑA DE NADAL SOLIDARIO

Este ano o noso centro participa de novo na recollida solidaria de alimentos, que serán entregados as familias da nosa contorna a través de Cáritas. Necesitan fundamentalmente produtos de primeira necesidade, típicos de Nadal e de aseo.

Data de recollida durante a semana do 9 ao 13 de decembro

Agradecemos a vosa colaboración.

Libros de texto 2019-20

Aquí pode consultar os libros de texto que empregaremos no vindeiro curso:

Entrega de premios Educacompostela

Acaban de entregarse os premios Educacompostela no que o noso Centro se alzou co terceiro premio. O noso traballo estaba referido ao proxecto Santiago Medieval levado a cabo en cursos anteriores.

Estes premios están convocados polo Cocello de Santiago e por Nova Escola Galega  para recoñecer aqueles materiais que polo seu valor e interese contribuen ao desenvolvemento educativo de Galicia. 

ABALAR MOBIL

 

O centro, coa finalidade de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil desde calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise desde Apple store (si o sistema operativo de IOS) ou desde Play Store (o sistema operativo de Android). 
As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

  Acceder aos datos persoais

 Consultar as cualificacións

 Consultar e xustificar as faltas de asistencia

 Consultar as faltas de conduta                                  

 Consultar os datos do centro educativo 

 Consultar os avisos ou notificaciones por parte do profesorado ou do centro educativo.

 Consultar as incidencias creadas polo profesorado

 Solicitar unha cita de titoría

 
No seguinte vídeo aparece explicada esta aplicación:
 
 
Distribuir contido