Aula de Mercedes

Palabras pola Paz

O 30 de xaneiro celebramos na aula o Día da Paz. Este curso, ademais de participar na actividade, a nivel de centro, "Cadea de favores" tamén fixemos un mural que levaba como título: "Palabras pola Paz".

Cada un de nós escribimos nunha pomba palabras relacionadas coa Paz. 

Preme na imaxe para ver como nos quedou o mural.

palabraspaz

 

Cadea de favores

Co gallo da celebración do Día Escolar da Paz e Non Violencia o grupo de 5ºA participamos na actividade denominada "Cadea de favores" proposta dende o Equipo de Convivencia do centro.

A actividade consistiu en visionar e reflexionar sobre como as boas accións se van contaxiando duns a outros.

Despois escribimos no eslabón dunha cadea unha frase cunha boa acción realizada por nós. Os eslabóns pasaron a formar parte da gran cadea de favores que se fixo a nivel de centro.

Preme na imaxe para ver a nosa cadea de favores.

cadea_favores

Unidos/as contra a violencia de xénero

O pasado 25 de novembro foi o día contra a violencia de xénero. O alumnado de 5ºA quixemos mostrar o noso apoio hacia as mulleres que sufren este tipo de violencia. 

No colexio propuxéronnos facer un lema a cada clase para expoñelo polo patio. 

Fixemos os lemas por parellas. Despois votamos para elixir o lema que máis nos gustaba. Saiu gañador o lema de Daniela D. e Mateo: 

"Seremos diferentes en moitas cousas pero en dereitos somos iguais"

Tamén dibuxamos a silueta das nosas mans, xunto cas dos outros cursos, formaron parte do mural da entrada do colexio. 

Pareceunos que foi unha actividade interesante e divertida porque defendemos a igualdade entre homes e mulleres.

violenciaxenero

 

O nosos sistemas solares

No tema 1 de Ciencias Sociais, estivemos estudando o Sistema Solar. Toda a clase decidimos que como traballo final do tema, facer unha maqueta do Sistema Solar.

Cada un de nós, na casa, fixo o seu.

Para ver o resultado preme na imaxe.

sistemasolar

 

O bosque encantado do Samaín

Chegou o outono e con él as celebracións do Samaín e do Magosto.

Este curso intentamos recuperar os aspectos máis enxebres destas celebracións. Dende o EDLG convidáronnos a participar no mural "O Souto Encantado do Samaín" no que cada aula traballou e decorou un animaliño dos que viven nos nosos bosques. A nós tocounos un lagarto arnal.

Despois de buscar  información na web, esto é o que atopamos e aprendemos sobre este lagarto:

Presentándonos

Ola! Somos o grupo de nenas e nenos de 5º A do CEIP Lamas de Abade que comezamos con moita ilusión e ganas un novo curso. Aquí vos deixamos unha pequena presentación sobre os nosos gustos. Esperamos que vos guste.
 

Iniciando un novo curso

Benvidos e benvidas ao curso 2021/2022

 

 
 
Distribuir contido