PROXECTO "CÓNTAME UN CONTO"

     Durante este curso o alumnado de 4º A e C de primaria participou nun proxecto piloto que leva por título "Cóntame un conto". É un proxecto educativo impulsado polo Museo do Pobo Galego e pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos tradicionais galegos entre os escolares. O proxecto buscaba aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.

   Tanto o profesorado coma o alumnado traballaron arreo e non podemos estar máis fachendosos deles porque o resultado final foi espectacular. Esta semana no Teatro Principal celebrouse a gala do 1º Certame do proxecto xunto co resto dos centros participantes na que algúns dos nosos alumnos/as subiron ao escenario a facer a súa contada.

No seguinte enlace podedes ver os vídeos do noso alumnado:

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=kNIFYuZz0RSovhecj3r1

Na páxina do Museo do Pobo Galego tamén podedes ver o desenvolvemento do proxecto.

http://museodopobo.gal/contame-un-conto