RECOLLIDA HISTORIAL ACADÉMICO 6º PRIMARIA.

As familias do alumnado que pasa para o IES poden pasar polo colexio a recoller o Historial académico dos seus fillos/as. O horario de recollida é de 10:00 a 13:00 dende o mércores 5 ate o venres 14 de xullo. No caso de non poder vir algún dos proxenitores, poden delegar noutra persoa adulta previo escrito coa pertinente autorización e presentando DNI.

 

 

REUNIÓN FAMILIAS 3 ANOS.

O vindeiro xoves 29 de xuño ás 16:30h terá lugar na biblioteca do colexio unha reunión informativa coas familias do alumnado que se incorporará o vindeiro curso en 3 anos.

HORARIO VERÁN ATENCIÓN PÚBLICO DE 10:00-13:00.

Dende o 22 de xuño ate o 31 de xullo o horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00.

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO.

 

Premer nos enlaces:

LISTAXE 1º-4º PRIMARIA

LISTAXE INFANTIL.

 

 

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN.

Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño

  • ANEXO III-1 (arquivo adxunto).
  • Xunto co ANEXO III-1 débese achegar a seguinte documentación:

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia DNI pai, nai, titores/as.

- Tres fotografías, actualizadas, tamaño carné para alumnado de infantil.

- Impreso de lingua materna infantil. (Arquivo adxunto)

- Impreso de solicitude de transporte no caso de ser necesario. (Arquivo adxunto).

- Autorización imaxes. (Arquivo adxunto).

ACTO ENTREGA PREMIO CONCURSO “QUE CONTAS?” ORGANIZADO POR FEARMAGA.

Hoxe tivemos no colexio o acto de entrega de premios do concurso escolar “Que contas?” que organizou FEARMAGA (Federación empresarial de aserradeiros e rematantes de madeira de Galicia).

No acto participaron Elier Ojea (presidente de FEARMAGA), Ana Oróns (secretaria xeral de FEARMAGA), Mercedes Rois (directora Área Innovación da Axencia Galega da Industria Forestal, XERA) e Jacobo Aboal (director da Axencia Galega da Industria Forestal, XERA).

Os gañadores do concurso foron os seguintes:

PREMIOS CATEGORÍA AUDIOVISUAL:

 Centros gañadores: EEI Monte do Alba de Vigo e CPR Padre Féijóo Zorelle de Ourense

 PREMIOS CATEGORÍA ARTÍSTICA:

Centro gañadores: CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de CEE e CEIP Lamas de Abade de Compostela.

Parabéns a todos os colexios e en especial a Marta e a súa clase de Infantil polo seu premio.

 Martiño e Daniela de 6º exerceron de presentadores.

 

 

Conto viaxeiro "Queridos unicornios"

Este marabilloso conto foi elaborado polo alumnado de 4 anos A xunto coas súas familias dunha maneira especial, xa que cada unha delas unicamente coñecía a frase anterior para poder continuar o conto.

Desfrutade!!

 

 

FESTA DOS MAIOS.

O pasado 15 de maio celebramos a festa dos maios. Como cada ano foi un día festivo cheo de ledicia, onde tanto nenos e nenas, profes e familias colaboraron de maneira excepcional para que puideramos gozar todos xuntos.

Aquí vos deixamos un enlace onde poderedes ver un vídeo resumen deste día.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

+ premer na imaxe.


FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 23-24.

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024.

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).  O prazo para presentar as solicitudes é dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 ambos inclusive.

 - Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros)so para alumnado que vaia a cursar 3º e 4º de primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 - O alumnado que vai a cursar 5º e 6º de primaria participan no proxecto E-DIXGAL, polo que non precisan libros de texto.


BECAS NEAE 2023-2024.

Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL 12318 Extracto da Resolución do 20 de abril de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024  (Adxunto).

- Enlace á páxina do Ministerio:

- Acceso ao servizo en liña

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

Distribuir contido