COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A XESTIÓN DE CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO.

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO CURSO 2022/2023.

Prazo de Admisión:

Será do 1 ao 21 de marzo, ambos os dous inclusive.

Horario de atención: L-V 9:00 - 14:00 H

                              Martes: 16:30-18:30 H

Presentación de solicitudes:

 

 A solicitude do posto escolar será única e se presentará no centro no que o solicitante pretende ser admitido.

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    • A través da aplicación Admisionalumno (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
    • Seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.
    • Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións.
    • Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

    • Deberá acceder con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital,

    • IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

    • Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

 

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

 Documentación a presentar coa solicitude:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa. (Certificado de matricula)

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

 NOTA: Cando a DEMANDA de prazas escolares sexa superior á oferta.

Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalados na solicitude de admisión.

A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio/s para efectos de determinar a puntuación correspondente.

A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio/s afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

NOVA ENTRADA AO CENTRO ALUMNADO ACOMPAÑADO POLAS FAMILIAS.

Na reunión do Consello Escolar do pasado venres 25 de febreiro, acordouse, coa intención de mellorar a seguridade do acceso ao centro, poñer en marcha un novo sistema de entrada do alumnado que vén acompañado polos seus familiares.

A partir do luns 7 de marzo, a recepción deste alumnado será polo mesmo portalón que a saída (o situado na parte de abaixo). Desde as 8:50 e ata as 9:05 horas estará unha persoa de garda para que o alumnado poida acceder ao centro por esta porta. A partir dese momento a entrada será polo sitio habitual.

Recordamos ás familias a importancia da puntualidade dos nenos e nenas, para non interferir na boa marcha das clases.

Atentamente

A dirección

 

VACANTES OFERTADAS CURSO ESCOLAR 2022-2023

No arquivo adxunto aparecen as vacantes ofertadas para o curso 22-23.

 

O NOSO CENTRO - XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 Ante a imposibilidade de visitar o interior do centro adxuntamos información e fotos do CEIP. Lamas de Abade para as familias interesadas.

IX MOSTRA ENTROIDO TRADICIONAL DO LAMAS

O pasado 18 de febreiro celebramos a IX Mostra de Entroido Tradicional que organizamos entre todos os centros da contorna.

No blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega poden ver os vídeos e fotos deste día.

Acceso

 

 

Uso de máscaras. Comunicado da Xunta de Galicia.

Estimadas familias, 

Informamos sobre o uso da máscara en exteriores, no centro educativo:

"Os  expertos  do  subcomité  clínico  lembran  que  onte  se  comenzou  a  administrar a segunda dose da vacina contra a covid-19, polo que, ata que os rapaces teñan a pauta  completa,   o  recomendable  é  seguir  coa  máscara  onde  haxa  un  número  elevado  de  persoas  que  compartan un mesmo espazo exterior. Un espazo onde habitualmente toman bebidas ou alimentos."

Estracto do comunicado. Ver comunicado completo na ligazón

 

“DESEÑA O TEU DISFRACE SEGURO”

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia adscrito á Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación xunto coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pon en marcha o concurso de Entroido “Deseña o teu disfrace seguro”. O alumnado de 6º de primaria do noso centro vai a participar. No arquivo adxunto tedes toda a información.

«1 COLE 1 BOSQUE» Carballo de Banquete de Conxo. #votacarballo

Recentemente o Carballo de Banquete de Conxo foi recoñecido como a Árbore de España deste ano e aspira a obter o título de Árbore Europea do 2022. Esta candidatura vai parella a unha campaña de repoboación de carballos sen precedentes na nosa cidade.

O Concello de Santiago quere movilizar á cidadanía, cunha serie de actividades que poden ser complementarias destinadas aos centros de primaria, ESO, F.P. e Bacharelato.

        Con este fin, veñen de pór en marcha a campaña «1 COLE 1 BOSQUE». E con ela nos propoñen un reto aos centros educativos, consistente en que, se somos quen de votar colectivamente pola candidatura da Árbore, plantarán un bosque que levará o nome do noso Centro. Teriamos que xuntar un mínimo de 500 votos.

Imos a participar nesta campaña, para iso necesitamos da vosa colaboración. O luns 14 de febreiro será o día que ten asignado o noso centro para realizar a votación. No .pdf adxunto están indicados os pasos a seguir. Grazas pola vosa colaboración.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. MARTES 22 DE FEBREIRO ÁS 17:30.

 

O martes 22 de febreiro ás 17:30 será a xornada de portas abertas do CEIP Lamas de Abade.

Debido á situación COVID e aos protocolos sanitarios non se poderá acceder ao interior do edificio, polo que se fará unha xuntanza no patio de columnas (parte posterior do edificio principal) para explicar o proxecto educativo do centro e aclarar as posibles dúbidas.

 

Distribuir contido