CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL. CALENDARIO DE ELECCIÓNS

Constitución da Xunta Electoral do centro, quedando da seguinte forma:

Presidenta: Dona Mª del Mar Rodríguez González Directora do Centro.

Vogais:

  • Dona Beatriz García García. (Mestra)
  • Don Santiago Fernández Moreira (Pai suplente)
  • Don Carlos Chao Manzano (Persoal de administración e servizos)

Actúa como Secretaria a mestra: Dona Beatriz García García

A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral:

CALENDARIO DE ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

3 de novembro

  • Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesorado, pais/nais e persoal de administración e servizos.
  • Publicación dos censos provisionais dos sectores educativos citados.
  • Envío de escritos ao Concello e a ANPA solicitándolles a designación dos seus representantes.

4 a 11 de novembro

11 de novembro

  • Remata o prazo de presentación de candidaturas as 14:00 horas

12 de novembro

  • Remate do prazo de reclamación ao censo.

15 de novembro

  • Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral
    • Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.
    • Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.
    • Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.
    • Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.
  • Claustro de profesores informativo.

15 a 19 de novembro

  • Campaña electoral.

22 de novembro.

  • Celebración das votacións do persoal de administracións e servizos de 10:00 a 10:30 horas.
  • Celebración das votacións do profesorado de 14:00 a14:30 horas.
  • Celebración das votación pais, nais e titores legais do alumnado, de 17:00 a 20:00 horas.

23 de novembro (celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral).

  • Proclamación de candidatos electos.
  • Traslado de documentación á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

24 de novembro

  • Convocatoria de constitución do Consello Escolar.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Proceso de renovación dos membros do Consello Escolar tal e como se recolle na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Nota informativa da Constitución da Xunta Electoral

Acceso á Resolución

CELEBRACIÓNS

Bo día, informamos que durante estas semanas desde o EDLG e nas clases de idiomas estase traballando o tema do Samaín, Haloween,…O vindeiro venres 29 de outubro haberá clase con normalidade. Desde o centro non imos a promover o emprego de disfraces pero tampouco podemos prohibir que cada neno/a acuda ao colexio coa vestimenta que queira, sempre e cando non interfira no normal desenvolvemento das clases.

Aproveitamos para comunicar que volveremos a facer o magosto no centro, con todas as medidas de seguridade que permite o protocolo COVID-19, para non perder as nosas tradicións. Será no mes de novembro o primeiro día que faga sol. O centro encargarase de todo.

INCIDENCIA TELÉFONO VINDEIRO 21 DE OUTUBRO.

Informamos que o vindeiro 21 de outubro pode haber momentos ao longo da mañá que non funcione o teléfono por mor dun cambio na liña que está programado que realicen. Poden comunicarse a través do correo electrónico do centro ou a través do Abalar cos distintos/as titores/as.

 

BIBLIOTECA. GARDAS TARDE.

Informamos que desde o luns 4 de outubro, segundo a Orde do 29 de maio do 2008, a biblioteca permanece aberta de luns a xoves de 16:30 a 18:30. Debido ao límite de aforo (25 usuarios/as) pregamos aos interesados/as en empregala nos avisen con antelación, a través do correo electrónico (ceip.lamas.abade@edu.xunta.gal) indicando nome do neno/a, curso e días que vai vir; para ter nós constancia de non sobrepasar dito aforo. Atentamente.

A Dirección

Educación dixital – PROXECTO E-DIXGAL

Proxecto E-Dixgal. Información

Acordo de cesión de uso do ordenador do alumnado. Acceso

No caso de que queirades facer uso do Servizo integral de reparación a través da web: https://coberturasir.plexus.es/

Se desexades mais información sobre este servizo no correo: coberturasir@plexus.es

Información inicio de curso

Estimadas familias:

Comezamos un novo curso escolar.

A data de incorporación do alumnado de infantil e primaria ás aulas será o xoves 9 de setembro. O horario de entrada será ás 08:50 ate ás 9:05 e o de saída ás 14:00 horas.

 

-       Acceso ao DOG calendario escolar curso 21/22

 

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19

Neste curso temos que seguir poñendo en marcha o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19.

 

-       Enlace: Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19

 

Alumnado de 4º de educación infantil

As familias do alumnado de 4º curso de educación infantil terán unha reunión coas titoras o luns 6 de setembro as 16:30 no centro educativo (patio de educación infantil).

 

AbalarMóbil

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Estará actualizada para o curso 21-22 a partir do día 9 de setembro. Aquelas familias que aínda non dispoñan desta aplicación poden obter información no seguinte enlace:

 

-       abalarMóbil

 

Becas ANEAE

No BOE do 02/08/2021 está publicada a convocatoria de becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. O prazo de solicitude é do 3 de agosto ao 30 de setembro.

 

-       Máis información

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 21/22

Publicación listaxes definitivas fondo solidario libros texto e material escolar curso 21/22

Publicadas no taboleiro interior do centro, con data de hoxe, as listaxes definitivas do fondo solidario libros texto e material escolar curso 21/22

Poderanse recoller os vales entre o 14 e o 21 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas

Publicación listaxes provisionais fondo solidario libros texto e material escolar curso 21/22

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22

Segundo a orde de convocatoria, no seu Artigo 13. Publicación de actos

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario, á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión, e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar nas cales se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN

Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño

  • Xunto co ANEXO III-1 débese achegar a seguinte documentación:

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Tres fotografías, actualizadas, tamaño carné para alumnado de infantil.

Impreso de lingua materna infantil. Acceso impreso

Impreso de solicitude de transporte no caso de ser necesario. Acceso impreso

Distribuir contido