Publicación listaxes provisionais fondo solidario libros texto e material escolar curso 21/22

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22

Segundo a orde de convocatoria, no seu Artigo 13. Publicación de actos

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario, á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión, e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar nas cales se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.