DÍA DO LIBRO. MUDANZA DE LIBROS.

Desde o Equipo de Biblioteca proponse para conmemorar o Día do Libro a actividade para o alumnado denominada “Mudanza de libros”.

Consiste en trocar un libro por outro. Durante a semana do 8-12 de abril cada neno/a que queira traerá un libro para doar e o día 23 levarase outro libro.

Cada titor/a recollerá os libros na aula e daralle un “marcapáxinas” a cada neno/a que lle servirá como "moeda" de cambio para coller outro libro o martes 23.

O luns 22 o profesorado baixará os libros que teñan á biblioteca para cambiar. O martes 23 expoñeranse na biblioteca e achegarase cada curso por quendas para que cada neno/a participante colla o libro que queira.

- Os libros que se traian teñen que estar en bo estado para que a persoa que o leve poida gozar del.

É un intercambio de libros, polo que, o libro que se traia non se recuperará.

 

Entrevista á Begoña Ferreiro, titora de 4ºA

Lucía e Aaron de 4ºA entrevistaron hoxe a súa titora, Begoña Ferreiro.

Aquí vos deixamos o diálogo que mantiveron con ela.

      

LAMAS EN FEMININO. 8M.

Moitas grazas a todas as mulleres que se achegaron ao Lamas a amosarnos o seu traballo.

Premer na imaxe para ver o vídeo.

Segundo grupo no Club de Lectura

O segundo grupo do Club de Lectura comezou o xoves pasado con moitísimas ganas, ilusión e enerxía.

Por aquí vos deixo unhas fotos da lectura das primeiras esceas Risa

NOVO CLUB DE LECTURA: OS PEQUEN@S LECTORES

Onte estivemos de estreo. Por iniciativa das alumnas de 4ºC de primaria Andrea e Uxía Iglesias crearon na súa aula o club de lectura “Os pequen@s lectores”.

O club fórmano 8 alumnos/as e na súa primeira reunión asinaron o seu compromiso de pertenza, elixiron o nome do club e xa falaron do seu primeiro libro que empezaron a ler  “Amy y la biblioteca secreta” de Alan Gratz. Ademais as coordinadoras do club agasallaron aos integrantes do mesmo cun marcapáxinas personalizado.

 

Parabéns pola iniciativa e desexámosvos longa vida ao club e moitas boas lecturas.

 

DÍA DE ROSALÍA-FOTOS FAMILIAS e ALUMNADO DE 6ºB INFANTIL.

No Lamas podemos presumir de ser moi festeiros! Premendo na imaxe podedes ver a montaxe das fotos coas que fomos enchendo o mural de entrada do cole para conmemorar o Día de Rosalía. Moitas grazas a todas as familias por participar. Agardamos non deixarnos ningunha foto polo camiño. As músicas son: "Has de cantar" de Uxía e "Festiña por dentro" de Habelas Hainas #oamordapatriagalega #DíadeRosalía24

 

VÍDEO MONTAXE ALUMNADO DE 6ºINFANTIL B

Tamén o alumnado de 6º de infantil B realizou unha fermosa montaxe dándolle voz a Rosalía de Castro. Desta maneira quixeron conmemorar o seu día. Premer na imaxe para ver o vídeo.

 

DÍA DE ROSALÍA

Xa nos están chegando as vosas fotos para conmemorar o Día de Rosalía pero aínda queda moito espazo no mural e para facer a montaxe de fotos. Agardamos as vosas fotos. Lembrade "O que vos pedimos é unha imaxe (foto-debuxo, en tamaño A5 ou A4 máximo) na que as familias saiades “ en festas populares, de foliada, bailando, cantando,...”. Botádelle imaxinación, coma sempre. Deberedes envialas por correo electrónico á: bibliotecalamas@gmail.com"

   

VÍDEO ENTROIDO 2024

Preme na imaxe para ver o vídeo da XI MOstra de Entroido Tradicional coa visita dos Chocalleiros/as de Vilardevós.

Entrevista ao ex xogador do Monbus Obradoiro, David Navarro

Os alumnos do Club de Radio Andrea Martínez, Ianire Codesido e Xavi Varela entrevistan á David Navarro Brugal que nos fala do seu libro "O soño de Liam" escrito por este ex xogador do Monbus Obradoiro. Entre outras actividades, agora retirado, axúdalle a novos xogadores/as a conseguir o seu soño de ser profesionais do baloncesto.

David explica que recolle os soños e o espírito de superación dun rapaz afeccionado ao baloncesto.

Sitúa O soño de Liam no mundo do baloncesto que tan ben coñece para insistir que sexan cales sexan as arelas dos rapaces sempre se poden acadar pero é preciso para iso traballo e afán de superación. 

Remate co primeiro grupo de lectura

E así de contentos rematamos con este primeiro grupo no Club de Lectura. Despois de elexir as escenas que máis lles gustaron adicámoslle un par de días a representación destas escenas. Coa idea de representala de cara a finais de curso diante dos alumnos do cole. Foi todo un pracer e disfrutamos moito!!

Distribuir contido