ENCONTRO CON CHARO GOLMAR.

Este xoves, a mestra e poeta Charo Golmar tivo un encontro co alumnado de Infantil 4 B. A autora de No bico do vento e Nobelo de luz faloulles da súa faceta de escritora, da súa relación cos libros e recitoulles uns fantáticos poemas.

Moitas grazas pola túa visita.

  

O MUSEO DO PRADO

Carolina e Claudia de 6º preséntannos o seu podcast sobre o Museo do Prado de Madrid. Mergúllate con elas nesta visita pola súa historia, as súas obras e os seus artistas.

 

OBRADOIRO TOCA-TOCA

O entomólogo Miguel Santamaría fixo un obradoiro co alumnado de 5º infantil A e 1º e 2º de primaria, amosando unha gran cantidade de "bichiños". Aquí unha mostra:

+ Premer na imaxe:

DÍA DA POESÍA 23

No club de Radio quixemos conmemorar o Día da Poesía cun podcast onde se recitan tres poemas: Dous de Charo Golmar “Primavera” e “Prefacio” e outro de Mónica I. Varela “Soños nas mans”.

  

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "O AMENCER DA HUMANIDADE"

Esta mañá o alumnado de 6º de primaria acudiu ao salón de actos do CIFP Compostela á inauguración da exposiciónO AMENCER DA HUMANIDADE”. Na presentación participaron Ramiro Esparís (director do CIFP), o arqueólogo Eduardo Méndez Quintas e Valentín García Gómez (SXPL).

Nesta exposición, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, dáse a coñecer os resultados das investigacións desenvolvidas nos últimos anos no ámbito da prehistoria antiga en Galicia. Da man do arqueólogo Eduardo Méndez Quintas coñecemos réplicas de materiais arqueolóxicos representativos e amosounos en que consiste o seu traballo. Foron moitas as preguntas resoltas pero aínda quedaron moitas por responder.

 

 

Día de Rosalía, 2023

Este 23 de febreiro a comunidade educativa do Lamas quixo celebrar o Día de Rosalía a

través das fotos que as familias nos foron achegando “berrando” pola xustiza social.

Fíxose un mural conmemorativo cheo de “berros” máis unha montaxe de vídeo con esas

mesmas fotos.

Seguindo a proposta da AELG, o lema elixido foi #cumpriuseaxustiza baseado no poema

que se recolle no libro Follas Novas “A xustiza pola man”.

Salvádeme, berrei. Axudáime, berrei, berrei, berrei...

Día de Rosalía, 2023 de Marta

X Mostra de Entroido de Lamas de Abade

X MOSTRA DE ENTROIDO DO LAMAS.

- Clicar na imaxe para ver o vídeo.

 

DÍA MUNDIAL DA RADIO.

Hoxe, para conmemorar o Día Mundial da Radio, o alumnado de 5º B participou en directo no programa que organizaba Ponte nas Ondas sobre Patrimonio e a Radio e a Paz. O alumnado desprazouse ate a Facultade de Ciencias da Comunicación e asistiu como público á entrevista que lle fixo o alumnado do IES Rosalía de Castro ao Rector e a Vicerrectora da Universidade, ao Alcalde e ao Conselleiro de Educación.

Despois trasladáronse a outro estudio onde emitiron o seu programa sobre a experiencia "Cóntame un Conto".

Unha saída moi enriquecedora para todos/as a vivida esta mañá. Viva a Radio!

 

Distribuir contido