SUL E NEI. NOMES DE CAN.

¿Coñecedes ou tedes algún can que se chame Sul ou Nei?
Desde o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, solicítannos axuda ao cole do Lamas para unha investigación que está realizando o seu alumnado de 3º da ESO.
Esta investigación, a cal, estendemos a toda a comunidade educativa do Lamas, ten que ver coa transmisión oral e os cans.
Precisan coñecer se alguén ten ou coñece cans co nome de Sul e Nei. Estes nomes de Xenerais franceses chegaron aos nosos días coma nomes de cans. Algo realmente curioso despois de transcorrer máis de douscentos anos.
A continuación Carolina, Claudia, Paula e Lucía de 6º C cóntanvos a historia.

 

ENTROIDO ENTRIMO E MANDADOS

Lembrade que este venres 10 celebramos a X Mostra de Entroido coa visita dos Madamitos e Madamitas de Entrimo. Sería recomendable que o alumnado viñera con disfraces tradicionais.

Para a vindeira semana faremos os mandadiños do Meco.

Comeza un novo grupo!!

Hoxe, 7 de febreiro, comeza o terceiro dos grupos do Club de lectura "Os pasapáxinas". Presentámosvos aos membros deste grupo que, tras ler o argumento de Amy y la biblioteca secreta de Alan Gratz, decidiron adentrarse nas súas páxinas.

 

 

Como membros dun grupo, todas e todos obtivemos o noso agasallo: unha chapa cos nosos nomes que nos identifica como lectoras e lectores de "Os pasapáxinas".

 

 

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Estimadas familias:

            O próximo día 23 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía e, como cada ano, solicitamos a vosa colaboración para encher de “berros” un mural conmemorativo desta data colocado na entrada do cole e facer unha montaxe coas fotos que nos enviedes.
            Animámosvos a que leades con atención o manifesto deste ano da AELG. O lema elixido é #cumpriuseaxustiza baseado no poema que se recolle no libro Follas Novas “A xustiza pola man”.

O que vos pedimos desta vez é unha imaxe (foto, debuxo,...) na que as familias saiades “berrando” pola xustiza social. Botádelle imaxinación, coma sempre. Deberedes envialas por correo electrónico á: bibliotecalamas@gmail.com

Na páxina da AELG poderedes atopar toda esta información:

https://www.aelg.gal

O 23 de febreiro será o derradeiro día para recibir as imaxes. Un ano máis, animádevos a participar e moitas grazas pola vosa colaboración.

* No.pdf adxunto tedes algúns exemplos do que poderíades enviar. Podedes poñerlle texto. 
                                                                       Salvádeme, berrei. Axudáime, berrei, berrei, berrei...

(Rosalía de Castro).

   

Argumento de Tam, de Anémona De Río

PDI "Parabéns Google".

Proxecto documental integrado "Parabéns Google" conmemorando os 25 anos da aparición de Google. 

 

 

Feito con Padlet

EXPERIMENTOS CIENCIAS ED. INFANTIL

Traballo realizado polo alumnado de 6º de Ed. Infantil por medio da Maleta Snacklab proporcionada pola Aula Nova do CAFI.

 Clicar na imaxe para ver o vídeo.

ENTROIDO 2023

Este ano imos celebrar a X Mostra de Entroido de Lamas de Abade.

Para iso contamos coa colaboración do Entroido de Entrimo que nos achegarán a imaxe das madamitas e madamitos.

O venres 10 de febreiro teremos a visita da mostra no noso centro. Un grupo de madamitas e madamitos chegarán desde Entrimo para amosarnos o seu traxe tradicional de entroido.

Como cada ano ese día poderemos vir disfrazados con traxes tradicionais de madamitos, velliños, velliñas, oficos, etc.

 

O venres 17 de febreiro pecharemos a celebración do entroido e cada quen poderá vir disfrazado como quieira, tendo en conta que os disfraces non deberán ter como complementos espadas, pistolas ou obxectos colgados do corpo.

 

Para máis información preme no seguinte enlace.

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=DsihmXBV3RyP5b8qWeKd

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

Podcast en Radio Lamas

Non queriamos deixar de pasar a ocasión sen gravar un podcast en Radio Lamas. Alma, Bruno e Jimena participaron nesta actividade. Nos próximos días iremos subindo os podcast para que coñezades un pouquiño mellor as historias dos libros lidos no Club de lectura.

 

Alma lendo unhas viñetas de Tam, de Anémoina de Río.

Bruno lendo na contraportada de Tam, de Anémona de Río, o argumento deste manga galego.

Jimena lendo os primeiros parágrafos de Amy y la biblioteca secreta, de Alan Gratz.

Distribuir contido