BOLETÍN NOVIDADES SETEMBRO-DECEMBRO 22

 

 

 

 

 

Avanzamos na lectura, e que precisamos?

Cando avanzamos na lectura da novela, precisamos un marcapáxinas para ir marcando onde quedamos cada día. Encantada de que as lectoras e os lectores tivesen a ilusión de elaborar un marcapáxinas orixinal e creativo sobre a obra e a súa protagonista.

A que quedaron xenial?

Benvida aos membros do club!

Nas primeiras sesións do club de lectura toca coñecernos, presentarnos e identificarnos como membros dun club. Para levar a cabo esta identificación, Abadiño elaborou para cada unha das persoas lectoras unha chapa co seu nome, única e intransferible.

Gustounos moito este detalle!

 

VOLVE ABADIÑO-APERTURA BIBLIOTECA

Este luns 3 de outubro volve abrir a biblioteca, tanto nos recreos coma pola tarde.

 Durante os recreos a biblioteca estará aberta os luns, mércores, xoves e venres para todo o alumnado ate completar aforo. Os recreos dos martes deixámolo para que se reúna o Club de Lectura "Os pasapáxinas" que botará andar en breve co alumnado de 4º de primaria. Para o uso de ordenadores establécense as seguintes quendas:

LUNS: 1º e 2º de primaria.

MÉRCORES: 3º primaria.

XOVES: 4º primaria.

VENRES: 5º e 6º de primaria.

Xa temos o grupo de voluntarios/as de 6º de primaria que nos acompañarán ao longo de todo o curso. Agradecemos a todos/as o seu ofrecemento e entusiasmo para botarlle unha man a Abadiño.

Para inaugurar a biblio, Abadiño quere que lle axudades a decorar o mural do "Ladrón de Follas". Para iso, tedes que escribir nunha folla (están na biblioteca) palabras que vos gusten relacionadas co Outono e logo pegalas no mural, como xa fixeron os voluntarios a semana pasada.

O horario de tarde é de luns a xoves de 16:30 a 18:30 e mellor con reserva previa non vaia a ser que cheguedes e estea o aforo completo. Para a reserva mandar correo a: ceip.lamas.abade@edu.xunta.gal

Vémonos entre libros!! 

 

 

EN MARCHA!

Un curso máis Abadiño está de volta e xa puido sacar a máscara, polo menos de momento. A partir do 3 de outubro abriremos a biblioteca durante os recreos e polas tardes de luns a xoves de 16:30 a 18:30.

Para os recreos a entrada será libre para todo o alumnado de primaria (respectando a capacidade) excepto os martes que so se abrirá para o Club de Lectura “Os pasapáxinas”. Para o uso de ordenadores establécese a seguinte quenda:

LUNS: 1º  e 2º de primaria.

MÉRCORES: 3º de primaria.

XOVES: 4º primaria.

VENRES: 5º e 6º primaria.

               En canto ao servizo de tarde, como viñamos facendo estes cursos anteriores, as familias do alumnado de primaria terá que solicitar cita previa por correo electrónico para evitar problemas de capacidade. O alumnado de Infantil poderá asistir se está acompañado dun adulto.

A través da conta: ceip.lamas.abade@edu.xunta.gal indicarase:

 - Nome e apelidos do neno/a:

- Curso:

  -  Día e Hora: * se vai a ser usuario/a de xeito sistemático (todos os martes de 16:30-17:30 por exemplo) con mandar un correo indicando esta circunstancia chegaría. Non fará falta mandar aviso todas as semanas.

 - Ten permiso para saír só?

Ademais informamos que fixemos a convocatoria para os voluntarios/as da Biblio para o alumnado de 6º de primaria e que poñeremos en marcha o club de lectura para o alumnado de 4º de primaria.

Estade atentos tamén porque a partir de agora o Recuncho de Abadiño está aloxado no espazo corporativo http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplamasabade/recunchoabadino Podedes acceder desde este enlace e tamén desde a web do colexio.

Estamos desexando vervos de novo pola Biblioteca.

Aburiño!

Distribuir contido