XORNADA DE PORTAS ABERTAS. MARTES 22 DE FEBREIRO ÁS 17:30.

 

O martes 22 de febreiro ás 17:30 será a xornada de portas abertas do CEIP Lamas de Abade.

Debido á situación COVID e aos protocolos sanitarios non se poderá acceder ao interior do edificio, polo que se fará unha xuntanza no patio de columnas (parte posterior do edificio principal) para explicar o proxecto educativo do centro e aclarar as posibles dúbidas.

 

ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO COVID-19

Actualizamos a información recibida da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre os novos protocolos de xestión epidemiolóxica en centros educativos.

RESERVA DE PRAZA PARA CURSAR 1º ESO NO IES LAMAS DE ABADE CURSO 2022-2023

Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar e seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. (Enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action).

     

  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

GAÑADORAS CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Comezamos o ano 2022 con dúas fantásticas novas. Alejandra Gonzalo Santiago de 6ºA foi a gañadora do Concurso de Postais que organizaba Manos Unidas e Noa Fernández Calleja de 4ºC foi a gañadora do concurso de postais da Naviera Nabia. Parabéns ás dúas e ao resto do alumnado que tamén participou.

  

Bo Nadal e Feliz Ano

Dende o CEIP. Lamas de Abade queremos desexarvos a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e un feliz ano 2022. 

Información actividade lectiva

O martes 7 é día lectivo, o que implica que o alumnado terá que vir ás clases, que se desenvolverán con total normalidade.

 

 

COMPOSICIÓN CONSELLO ESCOLAR.

Tras as eleccións ao Consello Escolar do pasado día 22 de novembro do 2021 queda constituído do seguinte xeito:

Equipo Directivo:

  • Mª Mar Rodríguez González (Presidenta)
  • Verónica Moreira Coello (Xefa de Estudos).
  • Francisco J. Varela Núñez (Secretario).

Profesorado:

  • Mario Barrio Tejedor.
  • Mercedes Puente Gondelle.
  • Carlos Sixto Solar.
  • Mª Isabel Trinquete González.
  • Alejandra Vázquez Fernández.

 Pais/nais:

  • Ignacio Antonio Cabrera Cordero.
  • Nuria Fernández Llecha.
  • Iago Portela Alonso.
  • Florentina Rivadulla Taboada (representante ANPA).
  • Gustavo Sende Gómez.

 Representante Concello:

  • Evaristo Ben Otero.

Representante persoal administración e servizos:

  • Pedro Fernández Varela.

 

Relación de candidaturas no sector de pais/nais do alumnado

Acceso á información

Criterios e procedemento para distribución de máscaras entre o alumnado

O venres 12 de novembro saíu publicada unha Orde na que se regulan os criterios e procedemento para distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria. Alumnado destinatario:

  • O que fose destinatario da axuda para adquirir material escolar (non terán que facer ningunha solicitude, xa consta no centro)
  • O que non fose beneficiario da axuda para adquirir  material escolar por diferentes circunstancias (teñen que solicitar a axuda).

Acceso á Orde

Adxunto Anexo I e II novo.

INFORMACIÓN ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DAS FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR

Nota informativa das eleccións dos representantes das familias ao Consello Escolar.

Distribuir contido