VISITA PILOTOS ENDURO.

Hoxe o alumnado de 6º de primaria asistiu no colexio a unha charla con dous pilotos de motos da modalidade de Enduro. Co gallo da celebración do Campionato de España de MotoEnduro que se celebrará en Santiago os días 18, 19 e 20 de novembro, e grazas á Concellería de Deportes, puidemos coñecer a Jaume Betriu e Lluís Gonfaus, dous pilotos profesionais cunha traxectoria moi importante a nivel mundial.

Jaume Betriu foi subcampión Mundial de EnduroGP na categoría E3 durante dous anos. Foi nove veces campión de España e participou en dúas edicións no Rally Dakar.

Lluís Gonfaus subcampión de España e pertence ao Equipo nacional de Enduro 22 categoría Youth 125.

Ate trouxeron as súas motos e déronlle gas para delicia dos presentes. Grazas pola visita, e desexámoslle sorte para o campionato.

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL. CALENDARIO DE ELECCIÓNS.

Constitución da Xunta Electoral do centro, quedando da seguinte forma:

PresidentaDona Mª del Mar Rodríguez González Directora do Centro.

Vogais:

-      Dona Mª Isabel Trinquete González (Mestra titular)

-      Don Félix Menéndez Naveira (Pai titular)

-      Carlos Chao Manzano (Persoal de administración e servizos titular)

Actúa como Secretaria a mestra: dona Mª Isabel Trinquete González

A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral:

·    Luns 7 de novembro:

-    Constitución da Xunta Electoral

-    Concretar o calendario electoral e aprobalo.

-     Publicación provisional dos censos electorais dos distintos sectores educativos.

-     Envío de escritos ao Concello e a ANPA (se procede) solicitándolles a designación dos seus representantes (no prazo máximo de 10 días).

·    Mércores 9 de novembro:

-    Circular aos pais explicando calendario de actuacións

-     Publicación das convocatorias de eleccións para profesorado e pais/nais.

·    Xoves 10 de novembro:

-    Comeza o prazo de presentación de candidaturas e reclamación a censos.

·    Luns 14 de novembro:

-    Convocatoria 2ª reunión da Xunta Electoral para o luns 21 de novembro.

-    Convocatoria de Claustro informativo para o martes 22 de novembro.

·    Venres 18 de novembro

-    Remata o prazo de presentación de candidaturas.

·    Luns 21 de novembro:

-  Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral para tratar os seguintes puntos:

Lectura e asinado da acta anterior.

Proclamación de candidatos, resolver as reclamacións e elevar os censos a definitivos.

Aprobar as papeletas de votación.

Nova circular ás familias.

Sorteo para designar os membros da mesa electoral e comunicación aos elixidos.

Fixar a hora de votacións de pais/nais/titores e PAS.

·    Martes 22 de novembro:

-     Claustro informativo (Lectura de normas, relación de candidaturas)

-     Data do claustro extraordinario, votacións profesorado (martes 29 de novembro).

·    Mércores 23 de novembro:

-     Mandar citación de convocatoria da Constitución da Mesa electoral de pais

-     Envío da convocatoria do Claustro extraordinario para a votación.

·    Xoves 24 de novembro:

-    Enviar a convocatoria da 3º Reunión da Xunta electoral.

-    Circular ás familias lembrando a data e hora das votacións.

·    Martes 29 de novembro: Celebración das votacións de:

-    Persoal de administración e servizos 10:00 a 10:30

-    Profesorado de 14:00 a 14:30 horas

-    Pais, nais e titores legais do alumnado, de 17:00 a 20:00 horas

·    Mércores 30 de novembro: Celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral: Finalización do proceso:

-    Proclamación de candidatos elixidos.

-    Traslado á Xefatura Territorial copias de actas das votacións efectuadas.

-    Convocatoria de consello escolar extraordinario para a súa constitución.

·    Martes 13 de decembro:

-    Constitución do Consello Escolar (extraordinario).

·    Mércores 14 de decembro

-    Remitir á Xefatura Territorial o formulario do Anexo II.

INFORMACIÓN CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL.

Proceso de renovación dos membros do Consello Escolar tal e como se recolle na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-210922-0003_gl.pdf

 

 

APRAZAMENTO MAGOSTO

Estimadas familias,

ante a previsión meteorolóxica, do venres 28 de outubro, queda aprazada a Festa do Magosto. Avisarase con antelación do día de novembro na que se poida celebrar e de cando hai que traer as castañas.

Atentamente.

A Dirección.

FESTA MAGOSTO

Estimadas familias,
Como todos os anos nestas datas, imos celebrar A FESTA DO MAGOSTO, sempre e cando o tempo o permita.
A actividade está programada para o día 28 de outubro e consistirá no asado de castañas e tamén contaremos coa colaboración do grupo AbadiñoSon (calquera neno/a pode traer o seu instrumento tradicional para formar parte da banda) que nos permitirán gozar do día cunha foliada ben animada, na que aproveitaremos para tisnar a cara de todos aqueles que queiran, como se fixo desde sempre nesta tradición galega.
A partir do día 26 de outubro cada neno/a poderá traer un puñado de castañas adentadas para que as poidamos asar o venres 28. O martes 25 avisaremos por Abalar, dependendo da previsión meteorolóxica, se hai que traer as castañas ou NON.

O Samaín estase traballando nas titorías a nivel de aula, o mesmo que Halloween co profesorado especialista en lingua inglesa.
Moitas grazas pola vosa colaboración.

O EDLG e Dirección.

 

CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR.

Informamos que as persoas que xa foron beneficiarias da axuda para adquirir material escolar por importe de 50 €, ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, e o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o do 31 de marzo de 2023, poden percibir unha axuda adicional de 25 € para adquirir material escolar.

A partir de mañá, 18 de outubro (inclusive), poden pasar a retirar o cheque en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 e os martes tamén de 16:30-18:30. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0655-061022-0003_gl.html

 

BIBLIOTECA EN MARCHA

En canto ao servizo de tarde, como viñamos facendo estes cursos anteriores, as familias do alumnado de primaria terá que solicitar cita previa por correo electrónico para evitar problemas de capacidade. O alumnado de Infantil poderá asistir se está acompañado dun adulto.

A través da conta: ceip.lamas.abade@edu.xunta.gal indicarase:

 - Nome e apelidos do neno/a:

- Curso:

  -  Día e Hora: * se vai a ser usuario/a de xeito sistemático (todos os martes de 16:30-17:30 por exemplo) con mandar un correo indicando esta circunstancia chegaría. Non fará falta mandar aviso todas as semanas.

 - Ten permiso para saír só do colexio para casa?

INSTRUCIÓNS CONXUNTAS AO RESPECTO DAS RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA A XESTIÓN DA COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO CURSO 2022-2023.

Achéganse as Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

 

INFORMACIÓN INICIO CURSO 22-23

Estimadas familias:

 Comezamos un novo curso escolar.

 A data de incorporación do alumnado de infantil e primaria ás aulas será o xoves 8 de setembro. O horario de entrada será ás 08:50 ate ás 9:00 e o de saída ás 14:00 horas. A entrada e saída farase como se fixo o curso pasado a partir de marzo. O alumnado transportado entrará polo portalón de arriba e o alumnado acompañado polas familias entrará so polo portalón situado na parte de abaixo. Desde as 8:50 e ata as 9:00 horas estará unha persoa de garda para que o alumnado poida acceder ao centro por esta porta. A partir dese momento a entrada será polo portalón principal e haberá que chamar no timbre do portalón de arriba. Para a recollida na saída, as familias agardarán no espazo valado, como o curso pasado, a partir das 13:50-55. Sairán primeiro os dos curso máis baixos.

Recordamos ás familias a importancia da puntualidade dos nenos e nenas, para non interferir na boa marcha das clases.

 Nos vindeiros días os titores/as fixarán a data da reunión de principio de curso para as familias.

 ABALARMÓBIL:

       A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece ABALARMÓBIL.        Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar e recibir información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Xa está actualizada para o curso 22-23. Aquelas familias que aínda non dispoñan desta aplicación poden obter información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

BECAS ANEAE:

 - Enlace ao extracto da resolución do 13 de maio do 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022-2023.

Enlace á páxina do Ministerio: 

- Acceso ao servizo en liña

 Prazo de presentación de solicitudes QUE SE REALIZARÁ NO COLEXIO: Dende o 19 de maio de 2022 ata o 30 de setembro de 2022

 CALENDARIO ESCOLAR 22-23

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23

Publicación listaxes definitivas fondo solidario libros texto e material escolar curso 22/23

Publicadas no taboleiro interior do centro, con data de onte, as listaxes definitivas do fondo solidario libros texto e material escolar curso 22/23

Poderanse recoller os vales entre o 12 e o 22 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Os libros de texto do Fondo Libros de 3º e 4º de primaria entregaranse ao alumnado correspondente unha vez comezado o curso (a partir do 8 de setembro).

Distribuir contido