ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024.

 Prazo de Admisión:

 Será do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive.

 Horario de atención: L-V 9:00 - 14:00 H

                                  Martes: 16:30-18:30 H

 Presentación de solicitudes:

  A solicitude do posto escolar será única e se presentará no centro no que o solicitante pretende ser admitido.

 

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

 

    • A través da aplicación Admisionalumno (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
    • Seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.
    • Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións.
    • Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

 

  • Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
  • IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude. 

 

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

   Documentación a presentar coa solicitude:

 

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa. (Certificado de matricula)
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 NOTA: Cando a DEMANDA de prazas escolares sexa superior á oferta.

Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalados na solicitude de admisión.

 A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio/s para efectos de determinar a puntuación correspondente.

 A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio/s afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

Normativa relacionada.

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B)

 

PRAZAS OFERTADAS ADMISIÓN CURSO 2023-24

Bases e convocatoria do Concello para a concesión de bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares. Curso 2023-2024

Bases e convocatoria do CONCELLO para a concesión de bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares. Curso 2023-2024.

O obxecto desta convocatoria é regular o procedemento para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, e que estean matriculadas ou teñan reserva de praza para o curso 2023/2024, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (do 24/02/2023 ao 9/03/2023).

Para máis información pinchar no enlace: 

http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/anuncios.php?lg=gal#5040

Tendendo pontes entre Galicia e Amiens a través do proxecto Piale

Tagged:

O PIALE é un Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas estranxeiras. É unha actividade pensada e destinada para o profesorado que imparte unha lingua estranxeira.

No noso caso, o profesorado participante foi a especialista de francés que imparte dita lingua nos diferentes niveis de 6º de Primaria.

O programa abrangue tres fases:

  • Unha primeira fase que consistiu nun curso de formación.
  • Unha segunda fase de integración total nuncentro educativo francés, concretamente na localidade francesa de Amiens. Esto ofreceunos a oportunidade de coñecer a fondo o seu sistema educativo. Tivo unha duración dun mes.
  • E, por último, unha terceira fase que consistía na difusión do proxecto.

Dado que esta experiencia foi algo inesquecible consideramos que merece a pena dala a coñecer a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.

Aquí vos deixamos unha pequena presentación do devandito proxecto. Preme na imaxe para acceder a ela.

 logo_piale

 

A verdade, o Piale foi toda unha experiencia. Unha oportunidade de coñecer, de comparar, de valorar, avaliar, autoavaliar, de aprender e, sobre todo, de compartir e tender pontes entre distintas culturas.

ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS PARA ALUMNADO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA.

Foi admitido todo o alumnado adscrito que presentou neste centro unha solicitude no proceso de admisión para o curso 23-24

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas serán elaboradas pola aplicación admisiónalumnado e a súa exposición para consulta polas familias só se poderá realizar das seguintes formas:

-    - Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

 

-     - Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

O vindeiro 28 de febreiro ás 17:00 no salón de usos mútilples de Infantil, levarase a cabo unha xuntanza informativa para coñecer o colexio.

SOLICITUDE DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS PARA ALUMNADO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA.

 RESERVA DE PRAZA en centro docente sostido con fondos públicos.(SOAMENTE E VÁLIDO PARA A RESERVA NO IES LAMAS DE ABADE e alumnado dos centros adscritos ao CEIP. Lamas de Abade).

 Prazo

  16/01/2023 - 06/02/2023

  O prazo de presentación de solicitudes de reserva (ED550A) comprende entre os días 16 de xaneiro e 6 de febreiro (ambos incluídos).

 Lugar de presentación de solicitudes.

- Preferentemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

- No portal educativo no enderezo http://www.edu.xunta.gal

- No centro educativo CEIP. Lamas de Abade.                                                                                 

Documentación para a presentación.

- Solicitude segundo o Anexo I da Orde.

- Anexo I-bis (Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).

- Documento acreditativo da representación, de selo caso.

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento, de selo aso.                                                     

 Comprobación de datos.

- Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

- DNI/NIE da persoa solicitante.

- DNI/NIE da persoa representante.

 

 

CARREIRA SOLIDARIA 25 N

Queremos darvos a benvida a este 2023 coa montaxe de fotos da Carreira solidaria contra a Violencia de Xénero que celebramos o pasado 25 de novembro. Tamén o alumnado xunto ao profesorado cantou "A porta violeta" de Rozalén e Tanxugueiras.

- Clicar na imaxe para ver o vídeo.

 

Felicitación

Felicitación

2ª REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL ELECCIÓN CONSELLO ESCOLAR.

Anexamos relación de presentación de candidaturas no sector de pais/nais de alumnos/as para a votación de representantes para o Consello Escolar.

Distribuir contido