FESTA MAGOSTO

Estimadas familias,
Como todos os anos nestas datas, imos celebrar A FESTA DO MAGOSTO, sempre e cando o tempo o permita.
A actividade está programada para o día 28 de outubro e consistirá no asado de castañas e tamén contaremos coa colaboración do grupo AbadiñoSon (calquera neno/a pode traer o seu instrumento tradicional para formar parte da banda) que nos permitirán gozar do día cunha foliada ben animada, na que aproveitaremos para tisnar a cara de todos aqueles que queiran, como se fixo desde sempre nesta tradición galega.
A partir do día 26 de outubro cada neno/a poderá traer un puñado de castañas adentadas para que as poidamos asar o venres 28. O martes 25 avisaremos por Abalar, dependendo da previsión meteorolóxica, se hai que traer as castañas ou NON.

O Samaín estase traballando nas titorías a nivel de aula, o mesmo que Halloween co profesorado especialista en lingua inglesa.
Moitas grazas pola vosa colaboración.

O EDLG e Dirección.