PROCESO DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO CURSO 2022/2023.

Prazo de Admisión:

Será do 1 ao 21 de marzo, ambos os dous inclusive.

Horario de atención: L-V 9:00 - 14:00 H

                              Martes: 16:30-18:30 H

Presentación de solicitudes:

 

 A solicitude do posto escolar será única e se presentará no centro no que o solicitante pretende ser admitido.

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    • A través da aplicación Admisionalumno (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
    • Seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.
    • Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións.
    • Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

    • Deberá acceder con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital,

    • IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

    • Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

 

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

 Documentación a presentar coa solicitude:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa. (Certificado de matricula)

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

 NOTA: Cando a DEMANDA de prazas escolares sexa superior á oferta.

Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalados na solicitude de admisión.

A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio/s para efectos de determinar a puntuación correspondente.

A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio/s afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.