INICIO DE CURSO 23-24

Estimadas familias:

Benvidas ao curso escolar 23-24.

 A data de incorporación do alumnado de infantil e primaria ás aulas será o luns 11 de setembro con funcionamento normal (agás alumnado 3 anos) de madrugadores, comedor e transporte.

          O horario de entrada será ás 08:50 ate ás 9:00 e o de saída ás 14:00 horas. A entrada e saída farase como se fixo o curso pasado. O alumnado transportado entrará polo portalón de arriba e o alumnado de Primaria que vén acompañado pola familia, entrará so polo portalón situado na parte de abaixo. Desde as 8:50 e ata as 9:00 horas estará unha persoa de garda para que o alumnado poida acceder ao centro por esta porta. A partir dese momento a entrada será polo portalón principal e haberá que chamar no timbre do portalón de arriba.

 Para a recollida na saída, as familias agardarán no espazo valado, como o curso pasado, a partir das 13:50-55. Sairán primeiro os dos curso máis baixos.

O alumnado de Ed. Infantil xunto coas familias agardará desde ás 8:50 no patio de columnas de abaixo ate que toque o timbre de entrada para logo acceder polas escaleiras ate a entrada principal do edificio de Infantil, onde deixarán aos nenos/as co profesorado que alí estea de garda.

Para no interferir co alumnado de primaria, aconsellamos que a entrada para o patio de columnas a fagan pola porta pequena do pavillón.

A recollida farase na entrada principal do edificio de Infantil.

 Recordamos ás familias a importancia da puntualidade dos nenos e nenas, para non interferir na boa marcha das clases.

 

ABALARMÓBIL:

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece ABALARMÓBIL. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar e recibir información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Xa está actualizada para o curso 23-24. Aquelas familias que aínda non dispoñan desta aplicación poden obter información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

  

BECAS ANEAE:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplamasabade/node/611

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.