PROGRAMACIÓN 4º EP (DO 25/5/20 AO 29/5/20)

Bos días, chicos e chicas!

 

Moi ben polas actividades en Snappet!  E moi orixinais as respostas libres!

 

Proposta de tarefas para facer nesta semana, do 22/5/20 ao 29/5/20:

 

 

LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

 

MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

 

XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

VENRES: Ciencias Sociais: (RETOS)

Educación Artística

Seguro que acertastes cos retos pasados!  O prefixo "hidro" significa "auga" e o noso planeta ten as 3/4 partes cubertas de auga, bastante máis que a metade del!

Nesta semana imos repasar POBOACIÓN e XEOGRAFÍA.

RETOS:

- Lembras que significaban os termos de: natalidade, mortalidade, emigración e inmigración?  Cales deles fan que a poboación dun lugar aumente?  Cales que diminúa?

- Como se chama o teu concello?  Investiga cantos habitantes ten.

- O teu concello está dentro da provincia galega de A Coruña.  Como se chaman as outras provincias de Galicia?

- Galicia é unha comunidade autónoma de España.  Cales son o resto das comunidades autónomas?

- España é un país da Unión Europea (U.E.).  Cales son o resto de países que forman a Unión Europea?  Mapa de axuda

 

 Adiante!

Maita