O avó.

 Un tendal de follas secas

colgan das pólas torcidas.

As pinzas son os peteiros

dos paxaros que as miman.

É a parra do avó

que plantou cando era neno;

no inverno , no verán

pasan xuntos moito tempo.

Baixo dela olla o campo,

as amoras nas silveiras,

como maduran os figos,

como florecen as árbores,

como se fan os palleiros

cando é tempo da sega.

O avó aínda ten folgas

nos ollos , nas verbas , no sentimento.