Biografía Granell.
Enviado por JP o Mar, 19/05/2009 - 14:30
![]() |
EUGENIO GRANELL
Nace na Coruña no ano 1.912. O negocio da súa familia era a elaboración de chocolate.
A súa formación e profesión inicial foi de violinista, pero a ruina económica da familia, en 1.928, obligoulle a ser concertista e músico polos cafés madrileños para gañarse a vida, despois de non aceptar o ofrecemento dun tio que lle pagaba os estudios da carreira de Dereito.
En Madrid, e durante a República, implícase activamente nos círculos intelectuales e políticos. Perdida a guerra exíliase en Francia. Son os surrealistas franceses os que lle axudan a sair de Francia hacia América, concretamente a Guatemala. Neste tempo coñece a súa muller Amparo, e terán una filla chamada Natalia.
|
Permanecerán seis anos na illa caribeña, onde chegaría a ser o primeiro violinista da Orquestra Sinfónica.
Coa música e o diseño de mobles ganarase a vida e, ademáis, colabora en diversas publicacións xornalistas.
Un cambio de goberno fai que saian hacia Porto Rico, onde impartirá clases na Universidade de Río Piedras.
En 1.957 viaxa a Nueva York onde dará clases de Literatura Española ata a súa xubilación.
Nesta época intensifica a súa actividade pictórica, sen esquecer o seu compromiso político. |
![]() |
.
![]() |
En 1.985 regresa a España. Cinco anos máis tarde a Comunidade de Madrid concédelle o premio a Creación Plástica na súa primeira edición. A partires dese momento a fama e recoñecemento medran. En 1.995 optén a medalla de ouro das Artes Plásticas do Ministerio de Cultura.
Eugenio foi músico, novelista, poeta, ensaista, escultor e pintor. Morre en Madrid un 25 de outubro de 2.001 aos oitenta e nove anos.
A Xunta de Galicia destina o Palacio de Toral en Santiago de Compostela para acoller a maior parte da obra píctorica e escultórica, do mesmo modo que acollerá o importante fondodocumental composto polos seus libros, revistas, catálogos e cerrespondencia.
|
- Array
Versión para impresora