Dinamización L. Galega Curso 17 - 18

RADIO CHALANA CURSO 2017-18

                 
       

.    
                 
       

 E outro curso máis a nosa Radio Chalana comeza a súa singladura!!!

Como o curso anterior, o alumnado está cheo de ilusión, con moitas gañas de contar todo o que acontece no noso colexio e fóra del!!!

Estade moi atentos e atentas á nosas emisións!!!

 

     
       

 

     
                 
                 

APALPADOR 2017

              
   
     
                   
   
     

O  APALPADOR  CHEGA  AO ISAAC  PERAL

     
     

O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual. Pode deixar algún presente máis, pero sempre feito por el.

 

     
     

Pois ben, este ano tamén chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole.

Preme no Apalpador e accederás ás imaxes.

     
     

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

 
                               
     

    

   

ONDAS DE ILUSIÓN 4º PRIMARIA

 
 
   

 

 

 

 O pasado martes 29 de maio os alumnos de 4º, tivemos na nosa clase unha charla sobre os animais mariños e o seu entorno. Esta exposición foi exposta por Iolanda, monitora de Rexenerando, S. Cooperativa Galega, a través da mascota "Ameixa Tareixa". Deseguido, Iolanda invitounos a unha excursión para o 15 de xuño con destino á Confraría de Barallobre, Riveira de Maniños e Praia da Bestarruza en Mugardos. Estas actividades están enmarcadas na 2º edición da campaña ONDAS DE ILUSIÓN-ESCOLAS DE MAR, un programa que está dentro das actividades de animación e divulgación do GALP Golfo Ártabro Norte para este ano 2018 .

Máis información premendo na imaxe


 

VISITA DE MARÍA CANOSA

             
           
     

 O pasado 6 de xuño visitounos María Canosa, escritora da novela infantil Rubicundo. Rubicundo é unha desas novelas que engancha polo segredo ou segredos dalgún ou de algúns personaxe.

Máis información e fotografías premendo na imaxe.

     

XVIII CERTAME DE POESÍA E IMAXE

 

         
     
         
 

 Outro ano máis, alumnos e alumnas do Isaac Peral participan no

XVIII Certame de Poesía e Imaxe

convocado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferroltera.

Sara Crespo Freire

alumna de 5º A, resultou gañadora.

Máis información premendo na imaxe.

   
         

Teatro con G: "RESTAURANTE FARRUCO"

         
     
         
   

 O pasado 5 de xuño, o ISAAC PERAL foi de restaurante. Acudimos ao Teatro Jofre para desfrutar da obra

representada polos talentosos actores e compañeiros de 4º dentro do ciclo Teatro con G, organizado polas

Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración co Concello de Ferrol.

Máis información e vídeo da obra premendo na imaxe.

   
         

Maios 2018

             
        
     

 Os pasados 10 e 11 de maio, celebramos un ano máis a chegada da primavera coa festa dos maios. Fixemos os maios, fomos á festa dos maios "Ferrol de frores cuberto" con outros colexios da comarca...

Máis información premendo na flor

   

 

 

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS 2018

         
   
         
 

Na semana das Letras galegas moitas foron as actividades que realizamos no noso centro en conmemoración a esta data:

Sesión de contacontos,

Xornada lúdica de xogos tradicionais,

Cantamos o himno galego...

Premendo na imaxe pódese acceder a toda a información. 

 
         

CORRELINGUA 2018

         
     
         
 

 O Correlingua chega nesta edición á súa maioría de idade, 18 anos, e faino co lema

"A LINGUA NON PARA!"

Na mañá do 15 de maio os alumnos e alumnas do CEIP Isaac Peral acuden ao CORRELINGUA.

Máis información e fotografías premendo na imaxe

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
         
         

ADRIÁN MORGADE VISITOU O ISAAC PERAL

       
   
 

O debuxante pontevedrés Adrián Morgade ensinounos os segredos do seu apaixoante traballo.

 

Se queres saber cales son, tes que premer nas imaxes

 
   

CONTACONTOS PARA 1º E 2º: A VACA DIXO MUA

       
   
 

O martes 17 de abril, o alumnado de 1º e 2º tiveron unha sesión de contacontos na biblioteca Antón Cortizas.

A interesante historia contóunola Gemola.

Foi moi divertida!!!!!

 

Para máis información sobre esta nova premer nas imaxes

 
   

TERESA GONZÁLEZ NO ISAAC PERAL

       
   
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O venres día 20 de abril, visitou ao alumnado de 3º de EP, chegada dende Francia, a escritora Teresa González.

Veu falar do seu libro FRED QUINCALLA, O NÓMADE DO MAR.

 

Para máis información premer na imaxe

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
   

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO visita o noso colexio

 Antonio animounos a a LER. Inspirado en poetas como Alberti, ten o mar como un referente vital.

 "Non temos excusas para non ler", di este home tan cargado de sabidoría.

 

prema  para más información

     

Hector Cajaraville visita o noso centro

       
     
   

O pasado mércores 14 de marzo, visitounos Héctor Cajaraville escritor do libro "Quen dá a quenda?, obra finalista do premio Merlín de Literatura Infantil 2015.

Máis información, premendo na imaxe 

 
 

DÍA DE ROSALÍA 2018

             
       
   

 Na semana do 19 ao 23 de febreiro os alumnos e alumnas do colexio, traballamos nas nosas aulas a vida e obra da escritora máis representativa das nosas letras, Rosalía de Castro.

Seguindo o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro, no que invita a toda a comunidade educativa a "Abrir as fiestras", confeccionamos unhas belas e orixinais postais.

Máis información, premendo na imaxe

   

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2018

         
    ENTROIDO 2018
   
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Xa está publicado a nova sobre a celebración do entrodi: mandados, festa do entroido, degostación de produtos típios, imaxes...

Máis información premendo na imaxe

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

XOGOS NO PATIO: xogamos á pelota

     

 

PATIOS SAUDABLES...XOGAMOS Á PELOTA

     

Seguindo co patio saudable, introducimos  esta semana a pelota.

Abrese o Koisko dos xogos : cordas, gomas para saltar, sacos....e agora tamén pelotas!

   CON ELAS XOGAREMOS XUNT@S A MOITOS XOGOS  

 

Máis información  premendo na imaxe

 

Celebramos o Magosto

         
     
         
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 O pasado 10 de novembro, a media mañá, xa se sentía polos corredores, o arrecendo das castañas asadas.

Era o día do

Máis información premendo na imaxe

 

 
         

Celebración do SAMAÍN 2017

     
     
     
 

Outro ano máis celebramos o noso Samaín e para iso pedimos a colaboración das familias que aportaron creacións plásticas e trouxeron estupendas sobremesas. Nós, decoramos as portas das nosas clases.

Moitas grazas ás familias!

Máis información e fotografías premendo na imaxe.

 
     

XOGOS NO PATIO: XOGAMOS Á CORDA!

         
   PATIOS SAUDABLES.... XOGAMOS Á CORDA!
 
 

 

 

E... seguimos co noso proxecto de patios saudables!

Esta semana tocoulle ao xogo da corda.

Daba gusto ver como os nosos nenos e nenas disfrutaban con este xogo tradicional

Máis información e fotografías premendo na imaxe

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

EXCURSIÓN Á CAPELA

             
           
             
   

O 27 de outubro, venres, os alumnos e alumnas de 5º fomos de excursión á Capela.

Visitamos primeiro o Museo etnográfico e despois o CEIP Mosteiro de Caveiro onde o pasamos moi ben cos .

Máis informacion premendo na imaxe

 

   
             
             

RECURSOS EDUCATIVOS PARA O MAGOSTO

     
  RECURSOS EDUCATIVOS PARA O MAGOSTO   
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Na nosa web temos recollidos unha serie de recursos educativos coa temática do MAGOSTO, así como as celebracións desta data nos diferentes cursos académicos.

Para máis información premer na imaxe

 
   

IMOS ÁS FRAGAS DO EUME

             
    O ALUMNADO DE 4º VAI ÁS FRAGAS DO EUME!   
   

O pasado venres 27 de outubro, os nenos e nenas de 4º de Primaria fixemos un roteiro polas

Máis información premendo na imaxe.

 

   

RECURSOS EDUCATIVOS PARA O SAMAÍN

       
  RECURSOS EDUCATIVOS PARA O SAMAÍN  
   

Na nosa web temos recollidos unha serie de recursos educativos coa temática do Samaín, así como as celebracións desta data nos diferentes cursos académicos.

 

Para máis información premer na imaxe

 
   

XOGAMOS Á GOMA!

       
   PATIOS SAUDABLES.... XOGAMOS Á GOMA!
 
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Este curso iniciamos o noso proxecto de

Patios saudables cos xogos no patio.

Comezamos o primeiro día con carreiras de sacos e nesta segunda semana tocoulle ao XOGO DA GOMA.

Nenos e nenas desfrutaron con este xogo tradicional!

Accceder ás fotografías premendo na imaxe

 

XOGOS NO NOSO PATIO

          
   
   
No patio de recreo, además de xogar, aprendemos xogando.
É un espazo privilexiado para continuar o labor educativo, por iso temos un novo proxecto no noso centro.

Para máis información premer nas imaxes

DSC_0003.JPG

 
   

Powered by Drupal - Design by artinet