VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

     
   
     
 

 

O día 19 de marzo antonio achegouse ata a nosa biblioteca para falarnos de lendas e do mar.

As alumnas e alumnos de 5º lemos o libro "Lendo lendas, digo versos" e  os de 6º "Poemar o mar".

    

O libro "Lendo lendas, digo versos" escrito por Antonio García, Antonio Reigosa e ilustrado por Xosé cobas,

foi incluído na Lista de Honor do IBBY 2018, que cada dous anos incorpora os títulos que se consideran

sobresaíntes pola calidade dos seu textos, ilustracións e traducións.

Esta lista pretende dar a coñecer os libros que mellor representan á literatura actual de cada 

un dos países que forman parte do IBBY e recomenda a súa publicación en todo o mundo.

O catálogo será presentado en agosto no 36ºCongreso Mundial do IBBY que se celebrará en Atenas.

Ata alí vaise acercar Antonio a recibir este galardón, ben merecido, despois do esforzo que lle supuxo, tal como nos contou,

versificar todas as lendas recopiladas por Antonio Reigosa. Para o autor foi todo un reto, ainda que apaixoante, moi difícil.

Antonio tamén nos anima a LER MOITO.

 Non temos excusas para non ler e sentencia:

"Nunca escriberedes ben se non ledes"

Outra das paixóns de Antonio é O MAR.

Este experimentado "mariñeiro" contounos que de pequeno tíñalle medo ao mar,e agora é o seu mellor compañeiro de aventuras.

Está namorado do libro "Mariñeiro en terra" de Rafael Alberti. Este escritor foi que inspirou a Antonio a navegar

no mar da lectura, e as palabras de Rafael residen na memoria de Antonio coma unha pequena cuncha no medio da praia.

Así foi como escribiu un libro adicado ao mar, "Poemar o mar", porque Antonio é un pescador de palabras,

que quedan atrapadas nas redes deste letrista de versos, de verbas mariñeiras.

Ese día a nosa biblioteca foi invadida por todas as súas ideas e así exploramos un pouco máis a extensa selva que representa a cultura.

Tamén nos deixou para a posteridade o seu autógrafo nos nosos libros.

 

 

Os alumnos de 6º agasallárono cunha peza musical a gaita.

 

 

 

 

E como o gran pescador de palabras que é Antonio, non podía marchar sen deixar a súa pegada nas nosas ondas mariñeiras.

 

 ANTONIO, POR ESPERTAR EN NÓS TANTO AMOR POLA POESÍA!!!

 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes desa visita.

 

 
 

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NA RADIO CHALANA

 
 

 E ASINA TAMÉN PARA FACER A NOSA TRIBU PARTICULAR NO LIBRO DE AGASALLOS

 
     
     

Powered by Drupal - Design by artinet