Os maios 2018

             
           
       Os pasados 10 e 11 de maio, celebramos un ano máis a chegada da primavera coa festa dos maios. O xoves 10 tivo lugar a quenda de E.Infantil, onde os alumnos e alumnas deste colexio adicáronse a facer un maio, con bonitas flores que eles mesmos trouxeron das súas casas. Deseguido os nenos e nenas de Infantil cantaron e bailaron ao son da música aportada polos alumnos e alumnas de 6º, coa canción "Ferrol de flores cuberto" do cantante e compositor Pakolas.       
     

 Velaí as fotos da actividade

   

   

   

     
     

     
   
 

 

 

Ao día seguinte foron os nenos e nenas de Primaria, os que "intentaron" celebrar os maios. Decimos "intentamos" porque só puidemos facer o maio, ir á festa conxunta dos colexios de Ferrolterra na Praza de España, FERROL DE FRORES CUBERTO, escoitar a canción e o baile do primeiro colexio e a nosa actuación coa canción "Se Chove". A canción que nos aprendeu a nosa profe Nuria, nunca puido ter mellor contexto, pois púxose a chover, sen ningunhas trazas de querer parar. Inmediatamente despois, a festa quedou suspendida. Vaia chasco! 

Velaí as fotos da actuación.

    Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo 

 

   
 

 
     

 SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DA CELEBRACIÓN PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO

     

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet