CORRELINGUA 2018

     
   
     
 

 Correlingua chega nesta edición á súa maioría de idade, 18 anos, e faino co lema

 
     
 

Berro que se escoitou na mañá do 15 de maio, cando os alumnos e alumnas do Isaac Peral acudimos ao 

Auditorio de Caranza para celebrar a festa en prol da normalización plena da nosa lingua.

Dentro das actividades previstas para ese día estaba programado un paseo-carreira pola Av. do Mar,

que con moita mágoa, houbo que suspender porque o ceo ameazaba con augarnos a festa.

Menos mal que no Auditorio agardábanos o músico CÉ ORQUESTRA PANTASMA

 que nos levantou o ánimo coa súa actuación e presentación do evento.

    

Alumnos e alumnas do CEIP de Maciñeiras de Neda puxéronlle voz ao

Manifesto 2018,

creado polos Labreg@s da lingua, 

alcume do alumnado de 3º C do IES Antón Fraguas (Santiago de Copostela),que resultou gañador no concurso deste ano.

Tamén se proxectaron os videos gañadores. Todas estas propostas pódense ver na web co Correlingua: correlingua.gal.

Outro momento importante foi a actuación do cantante

Xa tiveramos un pequeno contacto con el, na festa dos maios, que tamén houbo que suspender pola chuvia.

Pero nesta convocatoria do Correlingua quitámonos esa espiña cravada e sí, poidemos disfrutar da súa música.

      

Que gran momento!!! Pakolas pousa para  un "selfi".

Se queredes ver máis imaxes dese chuvioso, pero fantástico día, preme na imaxe.

ALGO ESTÁ A SUCEDER, A LINGUA NON PARA DE CORRER!!!

 
     

Powered by Drupal - Design by artinet