O pasado mércores 14 de marzo, visitounos Héctor Cajaraville escritor do libro "Quen dá a quenda?, obra finalista do premio Merlín de Literatura Infantil 2015, e texto a ler este ano, polos alumnos e alumnas de 4º de Primaria. Este libro conta a historia da meiga Divina, muller de vida eterna e de infatigable actividade. A meiga dispón dun consultorio afastado no medio da fraga, onde dá remedios e apócemas a todo aquel que o necesite, tanto persoas coma elementos da natureza ou construídos polo home. Na sala de espera do consultorio, podemos ver unha laranxeira pintada do revés (follas laranxas e froitos verdes), un dicionario ao que se lle escapan as palabras, unha mesa que ten demasiada memoria ou unha bolboreta coas ás despintadas. Todos eles acoden a meiga Divina, coa finalidade de resolver os problemas que tanto os atormentan. Cajaraville explicounos dunha maneira amena os aspectos máis abraiantes do libro, contestou a todas as nosas preguntas e asinounos os nosos libros. MOITAS GRAZAS, HÉCTOR!!!! |
||||||
VELAÍ AS FOTOS DA VISITA | ||||||
SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DO ACTO, PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO
|
||||||
Héctor Cajaraville na radio Chalana | ||||||