TEATRO CON G

         
     
         
   

 O pasado 5 de xuño, o ISAAC PERAL foi de restaurante. Acudimos ao Teatro Jofre para desfrutar da obra

representada polos talentosos actores e compañeiros de 4º dentro do ciclo Teatro con G, organizado polas

Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración co Concello de Ferrol.

   
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo 

 Chus Pereiro é a autora deste texto teatral infantil publicado pola editorial Xerais con ilustracións de Xan López domínguez.

Utilizando o verso rimado, a autora constrúe unha peza disparatada nun só acto, nun só día, nun só espazo. Neste espazo, o restaurante, onde os comensais falan do prezo esaxerado, ao mesmo tempo que se deixan entrever as diferenzas de clase ante un rei ao que non lle importa gastar, hai algo que semella misión imposible: comer. E o porqué atopámolo na serie de animais vivos que deberían agardar a seren cociñados pero que non se amosarán dispostos ao sacrificio. Iso sí, nun restaurante de "alto copete" hai que pagar, pase o que pase. E aí reside o timo do restaurante. Xa se nos dá unha pista coa ironía do principio:

"Restaurante Farruco, onde non hai trato nin truco"!!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   
   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   
    Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo                              Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   
   

VELAÍ VOS DEIXAMOS O VÍDEO DA REPRESENTACIÓN

   
   

SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DA REPRESENTACIÓN PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO

 Resultado de imagen de GIFS ANIMADOS DE TEATRO

   
   

E SE TAMÉN QUEREDES VER AS FOTOS DOS ENSAIOS PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO

   
   

Resultado de imagen de GIFS ANIMADOS DE TEATRO

   
   

NORABOA AOS QUE FIXERON POSIBLE ESTA POSTA EN ESCENA TAN BOA E DIVERTIDA!!! Resultado de imagen de GIFS ANIMADOS DE TEATRO

 

   
         

Powered by Drupal - Design by artinet