VISITA DE MARIA CANOSA

       
 
 
           
     

 O pasado 6 de xuño visitounos María Canosa, escritora da novela infantil Rubicundo. Levábamos tempo esperando por esta escritora, pois o libro encantounos dende o principio das súas páxinas. Rubicundo é unha desas novelas que engancha polo segredo ou segredos dalgún ou de algúns personaxe. Neste libro, Rubicundo é o que manten o misterio case ata o final do libro.

María Canosa explicou e respondeu a todas as nosas preguntas, entre elas, o feito de porque o personaxe se chama Rubicundo, que ten a súa orixe nun programa da TVG no que traballa, ou porque o personaxe está sempre triste ou porque ten a profesión que desempeña. Estas dúbidas non as podemos contar por si hai alguén que nos está lendo e ainda non leu o libro. Dende aquí, animamos a lelo, porque vale a pena.

Aquí temos as fotos da actividade.

 

     
             
                 
     

 

    

     
     

 SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DA ACTIVIDADE PREMEDE NA IMAXE

 

     

Powered by Drupal - Design by artinet