Xogade (deporte escolar)

XORNADA DE XOGOS DE LOITA (4⁰ curso)

O pasado 22 de marzo participamos nas xornadas de xogos de loita para as clases de 4⁰ curso de educación primaria. Os nen@s ademáis de ter unha xornada deportiva, conviviron con nen@s dos outros colexios de Tui.

XOGOS DE LOITA (4º CURSO)

 

XORNADA DE XOGOS DE LOITA

O venres 22 de marzo imos participar na xornada de convivencia deportiva de “xogos de loita” no pavillón vello de Tui.

Esta xornada vai dirixida as clases de 4º curso de educación primaria dos centros educativos de Tui e Salceda de Caselas.

Os xogos son moi divertidos e a participación é moi alta.

O Sogatira, as colas do cabalo, dar a volta a tortilla, loita de xeonllos ou atrapa o balón, son algunhas das propostas lúdicas.

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO 2023

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO 2023

A PRÓXIMA SEMANA OS DÍAS 9 E 10 DE NOVEMBRO IMOS PARTICIPAR NAS CARREIRAS ESCOLARES QUE SE VAN ORGANIZAR NO BORRALLIÑO - SALCEDA DE CASELAS.

PARTICIPAN OS CURSOS SEGUINTES:

XOVES 9: 2º, 3º, 4º E 5º DE ED. PRIMARIA.

VENRES 10: 6º ED. PRIMARIA.

 

 

MOITA SORTE A TOD@S OS PARTICIPANTES.

ZONAL DE ATLETISMO EN PISTA NA MACOCA 2023

ZONAL DE ATLETISMO EN PISTA NA MACOCA 2023

O 19 DE MAIO A NOSA CLASE DE 5º PROCLAMOUSE CAMPIOA DO BAIXO MIÑO.

MOITOS PARABÉNS PARA TOD@S.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA 2023

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA 2023

A FINAIS DE MAIO O ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA PARTICIPOU NESTA PROBA PROVINCIAL TRAS PROCLAMARSE CAMPIÓNS NA PROBA ZONAL NA MACOCA EN TUI.

O CAMPIONATO CELEBROUSE NAS INSTALACIÓNS DO CTD - ESTADIO DA XUVENTUDE NA CIDADE DE PONTEVEDRA, UNHA GRAN EXPERIENCIA E EMOCIÓN  PARA O NOSO ALUMNADO.

 

MOITOS PARABÉNS PARA XAVI, ANAIS, NOA, VERA, ZAIRA, SARA, GIOVANNI E LUCAS.

XORNADA DE LOITA NA ESCOLA (4º CURSO)

XORNADA DE LOITA NA ESCOLA (4º CURSO)

O PRÓXIMO XOVES 13 DE ABRIL IMOS PARTICIPAR NAS XORNADAS DE LOITA NA ESCOLA ORGANIZADAS NO PAVILLÓN VELLO DE TUI PARA AS CLASES DE 4º DE ED. PRIMARIA.

OS XOGOS SON OS SEGUINTES:

SOGATIRA

DAR A VOLTA A TORTILLA

A COLA DO CABALO

ATRAPAR A PELOTA

LOITA DE XEONLLOS

EXPULSAR DA ZONA

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO

Os pasados xoves 3 e venres 4 de novembro, a nosa escola participou nas carreiras de campo a través organizadas por AGRUDEBAM nun circuito na ribeira de Caldelas de Tui.

As clases participantes foron as de 2º, 3º, 4º e 5º curso de ed. primaria. Os cales tiveron a sorte de ter a experiencia deportiva con ne@s de todo o Baixo Miño, das escolas dos concellos de Salceda de Caselas, Tui e Tomiño.

Destacar que aínda que non era o obxectivo, as clases de 2º e 4º quedaran campioas en equipos femininos. E que varios nen@s obtiveron premios individuais. Destacando Enma de 2º ou Anais de 5º.

INICIACIÓN AO GOLF

INICIACIÓN AO GOLF

As clases de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria tiveron a sorte de visitar o aeroclub de Vigo e practicar con monitores titulados. Durante unha mañá coñecimos moitas cousas interesantes deste deporte tan descoñecido por todos.

O swin, o pat, as madeiras, o ferro, etc moitas cousiñas novas.

Aquí podedes ver o ben co pasamos.

MOI BOA PARTICIPACIÓN EN ATLETISMO EN PISTA

O pasado venres o alumnado de 5º curso de educación primaria participou na xornada zonal de ATLETISMO EN PISTA AO AIRE LIBRE xunto a outros colexios do Baixo Miño como Sobrada, Nº 1 de Tui, Randufe, Rebordáns, Nº 2 de Tui ou Pazos de Reis.

A xornada tivo foi un éxito de participación onde preto de 200 nen@s  competiron nas diferentes modalidades atléticas de salto de lonxitude, carreira de velocidade (50 metros), lanzamentos de peso (2 kg) e vórtex, carreira de resistencia (500 metros) e a proba de relevos 4 x 80 metros por equipos.

Destacar a toda a clase durante toda a xornada cun excelente comportamento e actitude deportiva.

Salto de lonxitude (Lorena Vaz)


Lanzamiento de Peso (Pablo Fdez.)

 

Lanzamiento de Vórtex (Mara Argúelles)

 

CAMPO A TRAVÉS PARA OS CURSO DE 3º E 5º DE ED. PRIMARIA

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR EN HORARIO LECTIVO

MÉRCORES 24 de NOVEMBRO do 2021 no CEP PEDRO CASELLES de Tomiño, organízanse as carreiras escolares de Campo a Través en horario lectivo do Baixo Miño para as clases de 3º e 5º curso de educación primaria. As carreiras son en horario escolar entre as 9.45 e as 13 h. Todos os nen@s que participan nesta proba van ir acompañd@s polas súas titoras e o mestre de Ed. Física, antes do inicio farán exercicios de   quecemento e ao rematar deberán estirar e abrigarse. Non se debe comer nada 1 hora antes da carreira como mínimo.

Estas probas deportivas seguirán o PROTOCOLO FISICOVID-DXT GALEGO recollido no programa Xogade 2021/2022 da Xunta de Galicia. https://www.deporteescolargalego.com/

MATERIAL: Se recomenda levar unhas zapatillas deportivas que agarren ben (que a sola non este moi desgastada), calcetín altopantalón curto ou malla de correr, a camiseta do cole (ANPA) e o chándal do colexio no caso de telo. Levar unha mochila cunha muda completa (roupa e calzado) e o material de aseo (xabón e toalla pequena), por si fai falta cambiarse. Traer 2 mascarillas.

SERVIZOS NA XORNADA: Transporte gratis dende o colexio ida e volta. Contaremos cunhas magníficas instalacións do recinto. Os participantes realizarán o seu percorrido practicamente por herba e terra. Hai vestiarios e aseos.

Cada nen@ ten que levar a súa merenda e unha botella de auga. Nas páxinas web www.agrudebam.es e na do colexio www.edu.xunta.gal/centros/ceipguillarei hai máis información.

SAÍDA EN BUS DENDE O CEIP DE GUILLAREI ATA O CEP PEDRO CASELLES EN TOMIÑO

REGRESO A GUILLAREI AO REMATAR AS CARREIRAS.

 

CATEGORÍAS  E CURSOS

DISTANCIAS APROXIMADAS

Benxamín (nen@s de 3º curso)

450 metros

Alevín (nen@s de 5º curso)

700 metros

XOGOS POPULARES NO CEP PEDRO CASELLES EN TOMIÑO

XOGOS POPULARES NO CEP PEDRO CASELLES EN TOMIÑO

 

O xoves día 11 de Novembro, participamos coa clase de 6º curso de educación primaria nunha competición de “Xogos Populares” con outras 12 escolas do Baixo Miño (Salceda de Caselas, Tomiño e Tui).

GRUPO DE 6⁰ CURSO

Na xornada se xogaron  3 quendas, xogando aos Bolos Celtas, a Billarda e a Chave de Aspas. Ademais de participar, aprendemos cousiñas novas como un xeito diferente de xogar aos bolos (cos tiros e os birlo), na billarda co palán e o varal e na Chave cos peios ou pezas.

BOLOS CELTAS

 A BILLARDA

BOLOS CELTAS

A CHAVE DE ASPAS

 

Distribuir contido