Valores

FINAIS DE BÁDMINTON EN TOMIÑO

Aquí tedes a este gran equipo que represetou a escola no pavillón da Carballa.  Destacar ao capitán Xabier Argúelles.

O noso cole sáe no Faro de Vigo

O pasado 4 de marzo, o Faro de Vigo no suplemento deportivo "Campeones", fixo unha reportaxe da nosa xornada especial adicada non só a práctica deportiva do campo a través, senon ao traballo da educación valores como a solidaridade, respeto, convivencia, ...

Lembremos que nesa xornada tivemos a sorte de recibir na nosa escola aos membros do equipo Kennel Den e coñecer o deporte do Mushing e as suas modalidades. Ademáis colaboraboramos unha  vez máis coa protectora de animais Aloia de Tui, os cales montaron un posto de venda de cousiñas que as familias, nen@s e mestr@s mercamos. Tamén aproveitamos a ocasión para facerlle a entrega de todos os alimentos recaudados durante os días previos para os cans da protectora.

Por último celebramos a IV edición da nosa carreira de campo a través solidaria, na cal participou toda a comunidade educativa.

Sen dúbida unha gran experiencia.

IV DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE TEBRA (Tomiño)

O pasado mércores 11 de marzo participamos na 4.ª xornada de dinamización INTERCENTROS co CEIP de Tebra de Tomiño.

Nesta ocasión as clases de 3⁰ e 5⁰ de educación primaria foron os protagonistas. Coma sempre a mañá foi moi intensa xogando a bádminton,  balonmán, voleibol, baloncesto, xadrez e fútbol sala.

O máis importante foi a convivencia e as emocións nos distintos xogos.

Clases de 3⁰ curso de educación primaria. 

Bádminton 

Fútbol Sala 

Xadrez 

Baloncesto 

GUILLAREI SOLIDARIO COA PROTECTORA ALOIA

Este curso solidarizámonos coa protectora de animais Aloia de Tui e organizamos a III edición da nosa carreira Solidaria de Campo a Través no torreiro da festa de Guillarei.

Montamos 5 recorridos con diferentes distancias a percorrer pola totalidade do alumnado, mestre@s e familias que tamén se animaron.

  • Infantil 3 anos: 100 metros
  • Infantil 4 e 5 anos: 150 metros
  • 1⁰ e 2⁰ curso: 450 metros
  • 3⁰ e 4⁰ curso: 650 metros
  • 5⁰ e 6⁰ curso: 850 metros
  • Familias e mestres: 100 metros

A parte deportiva nesta ocasión foi a menos importante e si a de sensibilizar a comunidades educativa e familias da importancia de axudar e cuidar os animais.

MUSHING NO CEIP DE GUILLAREI

 

O pasado xoves 23 de xaneiro na nosa escola tivemos unha xornada moi especial. Primeiro disfrutamos da visita de Mónica, Óscar, Paco e Chus, mushers do club Kennel Den. Contáronnos moitas cousiñas interesantes sobre o seu deporte cos cans.

Canicross, Bikejoring,  Patín, Triciclo, Trineo, Carro, ... son moitas as modalidades que practican.

A visita contou 2 obradoiros na biblioteca e no pavillón. Para máis tarde ver unha exhibición práctica cos cans no recinto da festa a carón de infantil.

 

 

XORNADA ESPECIAL SOLIDARIA E DEPORTIVA

Este xoves 23 de Xaneiro imos organizar unha xornada moi especial. O programa vai ter as siguientes actividades:

1) As 10 h. imos ter a sorte dunha visita especial na nosa escola de varios deportistas do club Kennel Den de Mushing.

2) De 10 a 11 h. Tenemos 2 obradoiros sobre o Mushing e as duas modalidades: Canicros, Bikejoring, Patin, Triciclo, ...

3) As 11 h. Exhibición práctica cos cáns no torreiro da festa.

4) A partir das 12 h. III Carreira Solidaria en colaboración coa protectora Aloia de Tui.

Animádevos e participar e por favor non vos olvidedes de traer alimentos para os peludiños.

Solidaridade coas familias afectadas de Paramos

Alumnado e mestr@s da nosa escola van estar no mercadillo de Tui o próximo xoves 14 de xuño. Van montar un posto no cal van intentar vender varias materiais elaborados por eles co obxectivo de axudar as familias afectadas pola explosión de Paramos. Hoxe por vós mañán por nós.

Solidaridade coas familias afectadas de Paramos

A comunidade educativa do noso colexio esta moi sensibilizada cos afectados da explosión de Paramos. Por iso imos levar adiante varias actividades e proxectos co obxectivo de recaudar fondos para os afectados e aportar un graniño de area nesta causa.

Distribuir contido