Skip to Content

Tel. y Fax: 886 11 08 01 e-mail: ceip.guillarei@edu.xunta.es

Subcampioas provinciais de campo a través

O martes 14 de marzo o equipo alevín feminino recolleu o trofeo de Subcampioas provinciais de campo a través no Concello de Tui e ademáis forón entrevistadas pola Radio Municipal de Tui. Podedes escoitar aqui a entrevista ou baixala para o voso computador.

sentímolo, flash non está dispoñible.

EDUCACIÓN VIARIA NO COLE

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

GAÑADORAS CONCURSO DE DEBUXO

Hoxe estivemos na EDAR de Guillarei para que as gañadoras do 2º Concurso de Debuxo do Consorcio de Augas do Louro recibisen os seus agasallos. No Concello de Tui, Laura Ramírez foi a gañadora, e Tatiana Muñoz foi finalista. Noraboa!

CEIP DE GUILLAREI NA ALOIADA 2017

Saímos!!!

Presentación da Aloiada 2017 no Concello de Tui

Onte presentouse no Concello de Tui a Aloiada 2017, na que van participar máis de 170 nen@ de 6 colexios tudenses, entre os cales esta a nosa escola CEIP DE GUILLAREI.

Sen dúbida vai ser unha gran experiencia para practicar deportes e actividades no medio natural como escalada, hípica, orientación, ... nos Montes Galiñeiro, Aloia e no río Miño.

Iniciación o piragüismo no río Miño

Onte as clases de quinto e sexto de primaria desfrutaron toda a mañá dunha xornada de iniciación ao piragúismo no Miño. Sen dubida unha boa experiencia.

Agradecer ao Concello de Tui e a os monitores Jose Luis Bouza, Sito e Potri do clube de piragüismo de Tui pola súa paciencia e disposición, moitas grazas e sorte.

DANZA DE PAUS

Aínda que este curso escolar non festexamos Os Maios a nivel de centro, os rapaces de 4º curso de Primaria cantaron unhas coplas e representaron unha danza de paus tradicional no patio do colexio para celebrar a chegada da primavera.

DERRADEIRA SESIÓN DE EDUCACIÓN VIARIA NO RECREO

O pasado luns día 29 participamos na 4ª e derradeira sesión de educación viaria no pavillón do colexio, polo tanto xa NON hai que traer as bicicletas durante este curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut